Puraga | Carne de poldro
5864
page-template-default,page,page-id-5864,page-parent,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

Carne de poldro

Desde o principio, en PURAGA, enténdese que a conservación do cabalo galego pasa polo mantemento das grandes greas de bestas bravas nos nosos montes, onde son a raza mellor adaptada e onde cumpren coa súa importante función medio ambiental. Estes animais, producen a partir de forraxe de baixo valor nutritivo, o toxo principalmente, unha carne de gran calidade, que practicamente é descoñecida nas cidades galegas, se ben, nas zonas onde se produce e moi tradicional o seu consumo, tanto en fresco, como en forma de embutidos mesturados con carne de porco.

Esta carne desde o punto de vista dietético a carne de poldro ten as seguintes cualidades:

Baixo contido en graxo.

Alto contido en glicóxeno e proteínas.

Alto contido en ferro asimilable.

Moi tenra e de doada dixestión.

Consumindo carne de poldro (POTRO GALLEGO) colaboras non so na conservación desta raza se non tamén do seu sistema de cría, e polo tanto, da conservación das matogueiras e de toda unha paisaxe cultural vinculada.