Puraga | Andadura
5858
page-template-default,page,page-id-5858,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

Andadura

Sempre que se fala do cabalo de Pura Raza Galega, arguméntase que a súa conservación está baseada na súa capacidade de sobrevivir en condicións extremadamente difíciles, clima, alimentación, depredadores… e que as súas características diferenciais (pelaxe, tamaño, etc) fixáronse por un mecanismo de selección natural. Isto pódese considerar verdadeiro para a maior parte dos seus caracteres, porén, no caso da andadura, para a cal o cabalo de Pura Raza Galega posúe unha predisposición natural, non é así. A selección ao longo de xeracións por parte de criadores que buscaban fixar este movemento fixo que existan en Galicia, non só unha raza propia de cabalos, se non, incluso unha liña propia dentro da nosa raza, distinguible polo seu aire característico.

A andadura caracterízase polo movemento das dúas extremidades do mesmo lado, man e pé, ao mesmo tempo. Podendo ser perfectamente coordinado, andadura serrada (dous tempos), ou cun certo desfase da man respecto do pe, andadura chapeada (catro tempos).

Esta característica semella estar relacionada co feito de se criaren en territorios con fortes pendentes onde lle proporciona maior estabilidade, sobre todo nos descensos.

A andadura era un aire moi apreciado pola comodidade que alcanza o xinete, sobre todo en desprazamentos longos, coa progresiva incorporación da mecanización ao transporte, e a relegación do cabalo ao deporte onde , desde o século XVII data da aparición das carreiras de pura sangues en Inglaterra, fixo que tanto os cabalos trotóns como os tan prezados cabalos marchadores perderan a súa popularidade. Moitas destas estirpes desprezadas en Europa foron conservadas no continente Americano e fundaron razas, como o paso fino americano,colombiano ou Portoriqueño, o Missouri fox trotter ou o cabalo das montañas rochosas,entre outras, nas se conservaron, refinaron e adaptaron os diferentes pasos de andadura para suplir as necesidades dos colonos.

Existe unha discusión clásica sobre se andadura é nacida ou aprendida, e é certo que moitos poldros, ao nacer, posúen ese aire pero pérdeno ao pouco tempo.

andadura-bocelo
andadura-bocelo

A realidade é que algúns cabalos marchan desde o seu nacemento e fano en liberdade, outros son capaces de aprender a marchar pero só o fan cando son montados ou guiados polo ramal mentres que uns terceiros son absolutamente incapaces de aprender.

Durante os anos 2012-13, PURAGA, participou no estudo “Worldwide frequency distribution of the “gait keeper” mutation in the DMRT3 gene”, enviando mostras de cabalos marchadores. Neste estudo, fálase da posibilidade de que este carácter estea vinculado a unha mutación de carácter recesivo (de máis difícil expresión no fenotipo -nas características externas observables a simple vista-).

Un 50% das mostras enviadas deron positivo, que extrapolando ao resto da poboación fainos estimar que aproximadamente un 5% os exemplares son portadores deste alelo, isto que fixo PURAGA, dentro do Convenio asinado coa Consellería do medio Rural e con financiamento FEADER, empezase a traballar nunha liña de selección de sementais, localizándoos, estudándoos e dirixindo a cría dos animais coa finalidade de fixar este caracter.

Coa finalidade de criar poldros marchadores, PURAGA, con fondos FEADER, e fondos propios, adquiriu unha serie de eguas, para levar a cabo un proxecto “ex situ” favorecendo e fixando este xen entre cabalos PRG, no Centro de Razas Equinas de Galicia (CREAG), en Sergude, Boqueixón.

BOCELO I, semental marchador automático adquirido con fondos propios en Melide, e o seu fillo VENTO, ambos marchadores automáticos destinados a fixar este movemento son os sementais utilizados para crear esta liña de cabalos marchadores.

Ficha de cabalos

BOCELO I