Puraga | CONVENIO e NOVAS
6224
page-template-default,page,page-id-6224,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

CONVENIO e NOVAS

CONVENIO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ASOCIACIÓN DE CRIADORES DE CABALO DE PURA RAZA GALEGA (PURAGA) PARA CONTINUAR COA EXECUCIÓN DAS ACTIVIDADES DE CONSERVACIÓN, DESENVOLVEMENTO E UTILIZACIÓN SOSTIBLE DOS RECURSOS ZOOXENÉTICOS DA RAZA EQUINA CABALO DE PURA RAZA GALEGA, E O FOMENTO E PROMOCIÓN DOS SEUS PRODUTOS DERIVADOS, COFINANCIADO CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER), NO MARCO DO PLAN ESTRATÉXICO DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN 2023_2027.

PURAGA é unha asociación sen animo de lucro, creada en outubro de 2005, con ámbito de actuación en toda Galicia. É a única entidade oficialmente recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia para a xestión do libro xenealóxico da raza Cabalo de Pura Raza Galega, de acordo co Decreto 149/2011, do 7 de xullo, polo que se establece o Catálogo oficial de razas gandeiras autóctonas de Galicia, se regula o recoñecemento oficial das asociacións de criadores que creen ou xestionen libros xenealóxicos e se aproban os programas para a súa conservación, mellora e fomento.

Os obxectivos primordiais desta asociación, son:

  • Preservar este patrimonio xenético para xeracións vindeiras.
  • Integrar, representar, defender e promover os intereses dos criadores desta raza interesados na súa conservación e mellora, en colaboración coas administracións públicas.
  • A creación de núcleos para o mantemento da raza en pureza en condicións naturais.
  • Exercer o control xenealóxico da raza levando un regulamento de inscrición e rexistro no libro xenealóxico
  • Promover e difundir o concepto da raza entre o público en xeral.

As accións en materia de conservación de recursos zooxenéticos planifícanse consonte as disposicións do Regulamento (CE) no 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os estados membros no marco da política agraria común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), e polo que se derrogan os Regulamentos (UE) no 1305/2013 e (UE) no 1307/2013, e xestiónanse de conformidade co Real Decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan Estratéxico e outras axudas da Política Agrícola Común.

Estas accións están recollidas na intervención 65052: Actividades de conservación de recursos xenéticos NON SIXC, do Plan Estratéxico da PAC de España 2023-2027, aprobado por Decisión de Execución da Comisión C (2022) 6017, do 31 de agosto de 2022 e as súas modificacións, que deron lugar á versión vixente do PEPAC aprobada por Decisión de Execución da Comisión C (2024) 6133 final, do 30 de agosto de 2024.

As persoas beneficiarias últimas das actuacións financiadas con este convenio son os gandeiros das razas obxecto do mesmo.

Ver convenio completo

Catálogo oficial de razas