Puraga | Guía de certificación da marca Potro Gallego
6500
post-template-default,single,single-post,postid-6500,single-format-standard,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

Guía de certificación da marca Potro Gallego

Guía de certificación da marca Potro Gallego

Dende a Asociación de Criadores do Cabalo Pura Raza Galega (PuRaGa), promóvese a creación dunhamarca colectiva coa intención de comercializar a carne de poldro autóctona.
A finalidade desta marca é que sirva para que se aprecie o valor tanto gastronómico (tenrura e sabor) como  nutricional (baixa porcentaxe graxa, alta concentración de ferro e vitaminas do grupo B) do noso produto, así como a súa importancia para a conservación de Galicia, a súa paisaxe, a súa biodiversidade, a súa cultura, etc. Entendendo a cría de cabalos en semilibertad como unha ferramenta para a prevención dos incendios e como un recurso turístico e etnográfico coa celebración das rapas e curros.
SOLICITUDE DA LICENZA PARA O USO DA MARCA
Aqueles interesados en utilizar a marca colectiva “Potro Gallego” deberán poñerse en contacto con PURAGA. Comprometerse coa marca facendo un uso correcto da mesma e colaborar en todo momento con PURAGA na súa labor de control.
 O solicitante deberá aceptar por escrito as condicións do uso da marca colectiva.
 Os operadores autorizados para utilizar a marca serán os únicos responsables dos defectos dos seus produtos, de tal forma que non poderán, en ningún caso, responsabilizar ao titular da marca por este feito.
 O período de vixencia da certificación será de dous anos. PURAGA supervisará o correcto uso da marca reservándose a posibilidade de realizar auditorías e inspeccións cando o considere oportuno.
 Abonar un canon anual en concepto de aluguer da licencia da marca.
REQUISITOS DAS EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS
Poderán ser autorizadas para o uso da marca “Potro Gallego” aquelas explotacións gandeiras que se atopen dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Estas terán a OBRIGACIÓN de:
 Comunicar aos servizos técnicos de PURAGA o cambio de propietario dos produtos nos 15 días posteriores á transacción.
 Respectar a lexislación de benestar animal.
 Comunicar aos servizos técnicos de PURAGA o censo actualizado da explotación a data do 31 de decembro.
 Permitir en todo momento controis, inspeccións e tomas de mostras, prestando a máxima colaboración cos servicios técnicos de PURAGA.
PURAGA poderá solicitar análises, se o considerase necesario por razóns sanitarias ou doutro tipo, para a comprobación de residuos medicamentosos, ou de calquera outra índole que se consideren oportunos.
CONTROL E CERTIFICACIÓN
O control comprenderá unha auditoría inicial de certificación onde se comprobarán as condicións de cría dos animais, a súa alimentación e a existencia de sancións por malos tratos animais, especialmente aquelas orixinadas polo uso de elementos inmovilizantes.
TRAZABILIDAD
O sistema de trazabilidad estará organizado en función da identificación individual, baseada no transpondedor electrónico (microchip) e nunha serie de documentos de rexistro de entrada e saída do producto que terán todos aqueles operadores autorizados para o emprego da marca colectiva.
O producto identificado coa marca de colectiva comercializarase de forma separada e con identificación clara doutra carne de equino que non estea acollida dentro da marca “Potro Gallego”.
CARÁCTERÍSTICAS DA CALIDADE DO PRODUCTO
Parte do valor que ten a carne recollida dentro desta marca colectiva “Potro Gallego” vén dada polos sistemas de cría tradicionais.
Polo que son requisitos moi importantes:
CRIANZA DOS ANIMAIS: os animais deberán ser criados en semilibertade, con espazo suficiente para o seu correcto desenvolvemento.
O pastoreo será a forma principal de alimentar aos équidos aínda que, excepcionalmente, permitirase a administración de forraxes ou concentrados cando as condicións ambientais sexan extremadamente adversas. Para facilitar o seu manexo pódese complementar con alimentos especialmente apetecibles (pensos, pan…) en proporcións non significativas.
IDADE DE SACRIFICIO: a idade de sacrificio será a partir dos cinco meses e medio, sendo a súa alimentación principal o leite da súa nai. Aqueles animais maiores do ano deberán indicalo na etiquetaxe do produto ou ben nun sitio visible dentro do campo visual da zona de exposición da carne fresca. Nunca se comercializarán animais maiores de 18 meses.
Para manter as características do producto non se establece un peso mínimo para as canles pero o seu rendemento cárnico (relación entre peso vivo e peso canle) debe roldar un mínimo do 55%.
O feito de incumprir esta proporción pode implicar a retirada da autorización de uso da marca colectiva para esa canle.
A repetición continuada de canles fóra deste rango por parte dunha mesma empresa autorizada pode levar á retirada da autorización de uso da marca colectiva “Potro Gallego”.
PRODUCTOS QUE PODEN EMPREGAR A MARCA “POTRO GALLEGO”:
PRODUCCIÓN CÁRNICA:
Levarán este logotipo: canles, despeces, productos elaborados ou transformados e comida preparada dos animais que cumpran os requisitos das seguintes fases de producción e comercialización:
Producción primaria: ganderías de nacemento e cría dos animais procedentes de reproductores de cabalos PRG e os seus cruces.
Transformación: matadoiros, salas de despece e establecimientos de transformación recoñecidos a tal efecto pola Asociación.
Comercialización: puntos de venta autorizados, tanto de carne como do producto elaborado e cociñado: carnicerías, puntos de venta o miúdo e restorantes, recoñecidos a tal efecto pola Asociación.
PRODUCCIÓN DE PIELES E FANEROS:
Levarán este logotipo as peles, faneros productos elaborados ou transformados dos animais que cumpran os requisitos de las seguintes fases de producción e comercialización:
Producción primaria: ganderías asociadas a PURAGA que cumpran cos requisitos que se lle solicitan para este fin.
Transformación: abarcaría dende o matadoiro a puntos de almacenaxe, procesado, venta de peles, faneros e confección, recoñecidos a tal efecto por PURAGA.

PURAGA
Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega
Telf: 689 419 722 / 638 566 860
Pazo de Quián s/n, Sergude 15881 Boqueixón A Coruña.
www.puraga.es
puraga@puraga.es isabel@puraga.es

Guía de certificación da marca Potro Gallego