Pura Raza Galega no Camiño de Santiago
A presenza do cabalo de Pura Raza Galega no Camiño de Santiago deu o salto aos medios, consolidando o seu valor como símbolo cultural e turístico de Galicia. Diferentes cabeceiras fixéronse eco dunha iniciativa que combina tradición ecuestre e proxección do territorio.
Unha comitiva formada por dez exemplares desta raza autóctona completou recentemente o Camiño de Santiago, culminando o seu percorrido cunha chegada salientable á Praza do Obradoiro xunto aos seus xinetes e amazonas . A acción non só puxo en valor as calidades do cabalo galego, senón tamén a súa estreita vinculación histórica coa identidade do territorio, descrita nos medios como un reflexo de “a súa nobreza e o seu vínculo indisoluble con Galicia” .

