XVIII RAPA DE CAMPO DO OSO
XVIII RAPA DE CAMPO DO OSO

Unha edición na que Puraga colaborou na organización xunta ao Concello de Mondoñedo @concellodemondonedo e que sería imposible de realizar sen os gandeiros e gandeiras que, non só xuntaron ás bestas, se non que axudaron a montar os toldos, desbrozaron, colocaron vallas, carteis…

Campo do Oso foi a única rapa que se celebrará este ano na Mariña.


Este ano, para poder continuar coa tradición de marcaxe da recría e ao mesmo tempo, adaptarnos ás normas de benestar animal, empregouse nitróxeno líquido, un método indoloro aínda que máis caro e laborioso que o tradicional lume… aínda que xa se empregara na rapa de Neipín, esta foi a primeira vez que se fixo nunha das grandes rapas de Galicia.

Despois das tarefas de saneamento e marcaxe dos animais

, houbo sesión vermú, coa presenza dun grupo musical e Pulpería Mario

, así como degustación de carne de poldro 100% Raza Autóctona @100x100potrogallego


Dende Puraga queremos agradecer ao Concello de Mondoñedo pola sua inestimable axuda, aos gandeiros de Mondoñedo (Luciano, Moisés, Alba…) que prepararon toda a zona desbrozando e colaboraron man a man para que esta celebración fose posible, aos aloitadores ( Moisés, José Eduardo, Ricardo, Luciano, Antón, Félix, Juan…) a todas as persoas que fixeron posible esta celebración, a Protección Civil, e por suposto a todos os asistintes!

