Puraga | Libro xenealóxigo/Censo
6357
page-template-default,page,page-id-6357,page-child,parent-pageid-5853,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

Libro xenealóxigo/Censo

O Decreto 149/2011 describe definitivamente o prototipo racial do Cabalo de Pura Raza Galega, antes Cabalo Galego do Monte, incluíndoo dentro do catálogo galego de razas autóctonas en perigo de extinción, aproba o Programa de Conservación e Mellora e designa a PURAGA, como a entidade responsable da xestión do Libro de Rexistro Xenealóxico da raza.

Os Libros Xenealóxicos son unha ferramenta para a conservación das razas en perigo de extinción. Permitindo levar un control actualizado sobre o censo ao tempo que diferenza aos animais polo seu valor xenético. Os animais clasifícanse en función do número de proxenitores inscritos no libro en diferentes rexistros, (Rexistro Auxiliar: animais sen avós inscritos e Rexistro Definitivo: animais cos catros avós inscritos) de xeito que ademais de facilitar a súa escolma permítese a incorporación de exemplares con altas puntuacións nas valoracións morfolóxicas realizadas no campo.

A inscrición dun animal no Libro de Rexistro Xenealóxico, a pesar de non implicar ningunha obriga legal nin sanitaria, esixe a realización dunha serie de trámites, administrativos e de manexo, e a comunicación a PURAGA dos movementos de animais na explotación.

PROCESO DE INSCRICIÓN DUN ANIMAL:

Todos os équidos deben ser identificados con microchip e un código N.P.U. (Número Permanente Único) antes dos 6 meses ou do 31 de decembro do ano no que naceron. Os Cabalos PRG teñen microchips e NPU propio, sendo xestionado por PURAGA.

A identificación realízase por medio do equipo veterinario de PURAGA, que se encarga ao mesmo tempo de cubrir o libro de explotación e de dar as altas na base de datos de Sanidade Animal da Consellería do Medio Rural. Nese momento realízase a toma de mostras necesaria para o control xenético dos animais que se van inscribir. Nesta actuación, os animais quedan completamente identificados non sendo preciso que o propietario/a pase pola Oficina Agraria Comarcal.

VALORACIÓN AOS 3 ANOS:

Aos tres anos de idade, todos animais inscritos deben pasar unha segunda valoración morfolóxica que autoriza ao emprego do animal como reprodutor, reseñándose a lenda APTO COMO REPRODUTOR no seu pasaporte. A partir deste momento pódese solicitar a marcaxe a FRÍGORE, característica do PRG, dos catro últimos números do microchip na parte esquerda do seu lombo.

COMUNICACIÓN DOS MOVEMENTOS:

É obrigatorio comunicar á Oficina de Rexistro Xenealóxico as incorporacións de exemplares ou as baixas, tanto por venda como por morte, facendo chegar o impreso correspondente. Estes impresos pódense descargar desde a páxina web, WWW.PURAGA.ES, no apartado Documentación, Impresos oficiais, ou ben solicitalos á propia oficina.

CAMBIO DE PROPIETARIO: Comunícanse por medio do impreso PRG A-07, sendo PURAGA a responsable de cruñar o pasaporte do animal, ou a Oficina Agraria Comarcal. Esta información tamén debe ser comunicada á Oficina Agraria Comarcal correspondente.

BAIXA: As baixas débense comunicar por medio do impreso PRG A-08. Ademais, entregarase o pasaporte na Oficina Agraria Comarcal que se encargará de facerllo chegar a PURAGA. Se é o caso, o pasaporte entregarase xunto co cadáver ao camión de recollida de animais mortos, sendo eles os encargados de facerllo chegar á administración. Neste caso chega con facer chegar á oficina unha copia do resgardo de recollida do cadáver que entrega o operario encargado da recollida

CENSO ANUAL:

A principios do ano cada criador/a recibirá o Impreso PRG A-09, para a COMUNICACIÓN DO ESTADO DA GANADERÍA coa relación de animais dados de alta na explotación, débense comprobar os datos, modificar o que fose preciso, asinalo e envialo de novo á oficina de rexistro do libro xenealóxico.

INTERPRETACIÓN DO PASAPORTE DO PRG:

Xenealoxía: queda recollida na sección V, páxina 18/36 e 19/36. Debe estar cruñada por PURAGA.

Propietario: nas páxinas 14/36 e 15/36 (continuación 16/36 e 17/36), sección IV aparecen os datos de todos os propietarios que tivo o animal. Debe estar cruñado por PUR/AGA.

Reseña : páxinas 6/36 e 7/36 aparecen os datos da explotación onde se identifica, a reseña gráfica e escrita, o número de microchip e o N.P.U. en forma de código de barras. Os animais maiores de tres anos debe ter o cruño “APTO COMA REPRODUTOR” debaixo da reseña escrita. Debe estar cruñada e asinada por o facultativo veterinario contratado por PURAGA.

Aptitude para consumo humano: recóllese na sección II na páxina 9/36, debendo estar totalmente en branco para os animais destinados ao consumo.