Puraga | Consellos e Recetas
6295
page-template-default,page,page-id-6295,page-child,parent-pageid-5864,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

Consellos e Recetas

O CONSUMO DE CARNE DE POLDRO

 

SE É UNHA CARNE TAN BOA E SA, ¿POR QUÉ NON COMEMOS CARNE DE POLDRO?

Existen numeras explicacións para o baixo consumo de carne de poldro e cabalo en xeral na sociedade actual, relixiosos, culturais, económicos…porén todos se poderían resumir nun so: Non identificamos a carne de cabalo coma algo comestible, coma un alimento.

Ata fai moi poucos anos (50 anos ou quizais menos) os cabalos representaban o principal modo de transporte da humanidade, pódese dicir que practicamente ata unha década antes de que o ser humano chegase á lúa. A segunda guerra mundial comezou empregando milleiros de cabalos, soamente Rusia empregou 800. 000 cabezas de animais de tiro, e rematou coa bomba atómica. No 1994 retiráronse  os derradeiros ponis mineiros ingleses co peche da mina de carbón de Ellington. O progreso deixaba aos cabalos sen a súa función tradicional na sociedade occidental.

Ata ese momento, o cabalo, coma especie doméstica valía moito máis vivo que morto, a súa enorme capacidade de traballo, a súa forza, a súa intelixencia e mansedume, facían deles unha ferramenta perfecta ao noso servizo. Unicamente aqueles cabalos que morrían, esgotados polo traballo, enfermos, vellos, ou sinxelamente sacrificados por lesións que os facían inútiles eran aproveitados… completamente… os seus osos servían coma fertilizantes, coa graxa fabricábanse candeas, a pel era curtida en forma de coiro, as sedas (crinas e colas) servían para tapizar mobles, facer sedelas de pesca ou mesmo arcos para violíns, e por suposto a súa carne tamén se vendía, como carne barata, como alimento de cans e gatos, ou como sucedáneo ilegal de carne de tenreira.

Se a todo isto lle engadimos a vertente do cabalo como animal deportivo, como mascota, é doado entender que o consumidor posúa un rexeitamento CULTURAL por esta carne, fronte á de outras especies domésticas coma a vaca, o porco ou o polo que sempre representaron o mesmo papel “alimenticio”.

Son precisamente estas tres especies as que centran a maior parte da produción gandeira no mundo occidental e non é por casualidade, xa que son as tres especies con maiores índices de conversión, isto quere dicir, as que máis engordan e medran cunha a mesma cantidade de comida, fundamentalmente penso ou cereal. Esta pode ser outra razón pola que non se consume, chamémoslle un rexeitamento ECONÓMICO ou ecolóxico, non é tan rendible producila, e os gandeiros escollen outras especies e polo tanto o mercado, e a publicidade, diríxense cara estas especies maioritarias.

Poderiamos engadir un terceiro motivo, o rexeitamento RELIXIOSO, que ten a súa orixe no culto que moito pobo indoeuropeos tiñan polos cabalos, coma seres case divinos, e onde se practicaban certos sacrificios rituais, xeralmente con eguas ou garañóns de cor branca, combinados con práctica simulada ou non de coitos cos mesmos. Este sacrificio, que remataba no consumo do animal sacrificado, considerábase a maior expresión de sacrificio posible, unicamente superada pola do propio ser humano, e realizábase exclusivamente en beneficio de personalidades moi importantes destes clans ou tribos. Este costume bárbaro (común entre os hunos, mongois e celtas europeos) non estaba ben visto desde unha Roma incipientemente cristiá, e foi por iso que o Papa GREGORIO III, publicou unha bula papal na que se prohibía o consumo de carne de cabalo, considerándoo propio de pagáns e idólatras.

¿POR QUÉ DEBEMOS COMER CARNE DE POLDRO?

Desde o principio, en PURAGA, enténdese que a conservación do cabalo galego pasa polo mantemento das grandes greas de bestas bravas nos nosos montes, onde son a raza mellor adaptada e onde cumpren coa súa importante función medio ambiental. Estes animais, producen a partir de forraxe de baixo valor nutritivo, o toxo principalmente, unha carne de gran calidade, que practicamente é descoñecida nas cidades galegas, se ben, nas zonas onde se produce e moi tradicional o seu consumo, tanto en fresco, como en forma de embutidos mesturados con carne de porco.

Esta carne desde o punto de vista dietético a carne de poldro ten as seguintes cualidades:

  • Baixo contido en graxo.
  • Alto contido en glicóxeno e proteínas.
  • Alto contido en ferro asimilable.
  • Moi tenra e de doada dixestión.

 

Consumindo carne de poldro (POTRO GALLEGO) colaboras non so na conservación desta raza se non tamén do seu sistema de cría, e polo tanto, da conservación das matogueiras e de toda unha paisaxe cultural vinculada.

Costela de poldro PRG en salsa de cervexa negra

Para poder facer esta deliciosa receita soamente necesitas:

1 Tira de costela de poldro PRG

2 cebolas

1 lata/botella de cervexa negra

Cogumelos

Aceite de oliva

Sal

Pementa

E un pouquiño de tempo.

 

Detrás de cada producto 100% Raza Autóctona hai unha historia 100% nosa. #puraga #100x100nuestro #100x100onoso #100x100razaAutóctona #calidadePRG #potrogallego

 

Arroz con poldro PRG

Arroz con poldro

Ingredientes para 4 persoas:

 

  • 250 gr de carne de poldro
  • 300 gr de arroz de gran redondo
  • 100 gr de cogumelos
  • 1 cebola
  • 1 pemento vermello
  • ½ vasiño de salsa de tomate
  • 1 dente de allo
  • Sal
  • Pementa
  • Aceite de oliva
  • 1 litro de auga ou de caldo de verduras

 

Detrás de cada producto 100% Raza Autóctona hai unha historia 100% nosa. #puraga #100x100nuestro #100x100onoso #100x100razaAutóctona #calidadePRG #potrogallego

Albóndegas de carne de poldro PRG recheas de queixo

Albóndegas de carne de poldro PRG recheas de queixo

Esta semana temos unha receta sabrosa, ideal para unha comida ou cea en familia👩‍🍳

🧾Ingredientes:

✓500gr de carne picada de poldro PRG
✓100gr de panceta
✓boliñas ou anacos de queixo(opcionais)
✓2 dentes de allí
✓perexil e oúrego
✓ un ovo
✓ sal e pementa
✓ 2 cebolas
✓ 4 culleres sopeiras de pan relado
✓1 pemento
✓salsa de tomate
✓auga ou caldo
✓ aceite de oliva

Receta de @rociococina

Detrás de cada producto 100% Raza Autóctona hai unha historia 100% nosa.

#puraga
#100x100razaautoctona
#100x100noso
#carnedepoldrogalego #nonesperesaquechoconten #deixateseducir #calidadeprg #cociñaconnós

Fabas con poldro PRG 100x100 raza autóctona

Para poder facer esta deliciosa receita soamente necesitas:

·500gr de carne de potro galego

·500 gr de fabas

·un pemento bermellón

·unha cebola

·un culler de azafrán

·sal e pementa

·comino

·auga ou caldo de verduras

·aceite de oliva

 

E un pouquiño de tempo e moito amor.

 

Detrás de cada producto 100% Raza Autóctona hai unha historia 100% nosa. #puraga #100x100nuestro #100x100onoso #100x100razaAutóctona #calidadePRG #potrogallego

 

Fricandó de poldro PRG

Para poder realizar esta receta seguindo os pasos da nosa cociñeira, Rocío Garrido, soamente necesitas os seguintes ingredientes:

· Filetes de poldro PRG

· Cogumelos

· Fariña

· Piñóns

· Unha copa de viño branco

· Dous tomates maduros

· Dous dentes de allo

· Unha cebola

· Unha folla de loureiro

· Aceite de oliva

· Auga

· Sal

· Pementa

 

Detrás de cada producto 100×100 raza autóctona hai unha historia 100×100 nosa.

 

#puraga #acociñadeRocío #lacocinademiabuelo #potrogallego #poldroPRG #calidadePRG #100x100autóctona #100x100razaautóctona #onoso #lonuestro #100x100nuestro #docampoátuamesa #potrogallego #natural100x100 #deixateseducir #nonesperesaquechoconten

Filetes de poldro PRG á parmigiana

Unha deliciosa receita para disfrutar en familia.

Ingredientes para catro persoas:

·2 filetes pequenos de poldro PRG por persoa
·Ovo batido
·Pan relado
·Pementa moída
·Sal
·Queixo galego curado Galmesano
·Queixo San Simón da Costa
·Salsa de tomate
· Rúcula para acompañar
·Aceite de oliva para fritir

Detrás de cada producto 100% Raza Autóctona hai unha historia 100% nosa.

#puraga #100x100nuestro #100x100onoso #100x100razaAutóctona #calidadePRG #potrogallego  #poldrogalego #poldroPRG #onoso  #autoctona100x100 #lonuestro #100x100purarazagalega

 

Steak tartar de carne de poldro PRG

Ingredientes:

  • 300gr de solomillo de poldro PRG
  • 6 pepinillos
  • 6-8 cebollinas encurtidas
  • 10 olivas
  • 2 ovos
  • salsa de soia
  • 1 culler de mostaza
  • salsa picante ao gusto
  • 2 aguacates
  • sal e pementa
  • Aceite de oliva virxen extra

Detrás de cada producto 100% Raza Autóctona hai unha historia 100% nosa.

#puraga
#100x100razaautoctona
#100x100noso
#carnedepoldrogalego #nonesperesaquechoconten #deixateseducir #calidadeprg #cociñaconnós

 

Tiras de poldro PRG con pementos

Ingredientes:

  • Tiras de carne de poldro 100% raza autóctona
  • 1 pemento vermello
  • 1 pemento verde
  • uns tomatiños cherrys
  • Maicena
  • 1 dente de allo
  • sal
  • aceite de oliva
  • salsa picante ao gusto

 

Detrás de cada producto 100% Raza Autóctona hai unha historia 100% nosa.

#puraga #100x100nuestro #100x100onoso #100x100razaAutóctona #calidadePRG #potrogallego  #poldrogalego #poldroPRG #onoso  #autoctona100x100 #lonuestro #100x100purarazagalega

 

Carne asada de poldro PRG con mazá

Unha receta para eses días que apetece encendelo forno:

Ingredientes:

  • 1kg de carne de poldro PRG 100% raza autóctona
  • 2 mazás
  • 1 ou 2 cebolas
  • 3 dentes de allo
  • 1 pemento
  • 1/2 vaso de viño
  • ourégo
  • pementa e pementón doce
  • sal
  • aceite de oliva
  • auga ou caldo de verduras

 

Detrás de cada producto 100% Raza Autóctona hai unha historia 100% nosa.

#puraga #100x100nuestro #100x100onoso #100x100razaAutóctona #calidadePRG #potrogallego  #poldrogalego #poldroPRG #onoso  #autoctona100x100 #lonuestro #100x100purarazagalega

Guiso de carne de poldro PRG con pasta

Unha receita sinxela apta para toda a familia.

Ingredientes para 4 persoas:

•500gr de carne de poldro PRG

•500gr de pasta corta

•1 cebola

•1 pemento

•2 tomates maduros

•1 litro de auga ou caldo de verduras

•aceite

•sal e pementon doce

 

Detrás de cada producto 100% Raza Autóctona hai unha historia 100% nosa.

#puraga #100x100nuestro #100x100onoso #100x100razaAutóctona #calidadePRG #potrogallego  #poldrogalego #poldroPRG #onoso  #autoctona100x100 #lonuestro #100x100purarazagalega

Zorza de carne de poldro 100x100 raza autóctona

Unha receita típica da cociña galega ideal para toda a familia.

Ingredientes:

·1kg de carnde de poldro 100×100 raza autóctona

·4-5 dentes de allo

·3 culleres de pementón doce

·1/2 culler de pementón picante (ou ao gusto)

·sal

·un chorriño de viño tinto

E para acompañar:

-patacas fritas

– ovos fritos

 

Detrás de cada producto 100% Raza Autóctona hai unha historia 100% nosa.

#puraga #100x100nuestro #100x100onoso #100x100razaAutóctona #calidadePRG #potrogallego  #poldrogalego #poldroPRG #onoso  #autoctona100x100 #lonuestro #100x100purarazagalega