CHARLAS PAC 2023
XORNADAS INFORMATIVAS. NOVA PAC 2023/2027 XESTIÓN DAS RAZAS AUTÓCTONAS
Por mor da publicación da numerosa lexislación nacional sobre a nova Política Agraria Común-PAC que se vai a aplicar en España a partir do 1 de xaneiro de este ano 2023, é necesario informar e poder dar respostas ás posibles dúbidas que se plantexen os socios e socias criadores de razas autóctonas de BOAGA, así como aos asociados de PURAGA, de cara a planificar a súa gandería nos próximos 5 ou 7 anos, tanto a nivel de PAC como dos plans de cría das distintas razas autóctonas.
Polo que se informa que nas seguintes datas, BOAGA organizará as seguintes xornadas en toda Galicia, unha por provincia, para dar a máxima difusión a todos os criadores.
Non será necesaria a inscrición previa.