Feira Internacional ABANCA Semana Verde de Galicia 2020 celebrarase o 2021
Confirmouse definitivamente a cancelación do evento esperado. Hoxe recibimos o comunicado no que a organización do recinto ferial de Silleda trasladabanos a noticia.
A organización da Feira Internacional ABANCA Semana Verde de Galicia (Silleda) comunicounos que tanto a 43º edición desta feira como a 24º edición de Salimat ABANCA, que tiña previsto celebrarse este ano durante os días 4,5,6 e 7 de xuño, pasarán a celebrarse do 4 ao 7 de xuño do ano 2021.
Contando con que a normalidade volva ás nosas vidas, na medida do posible e lamentando cada unha das mortes causadas polo COVID-19, contamos con vernos na vindeira edición desta importante feira galega.