Puraga | Importancia na conservación de espazos naturais
6333
page-template-default,page,page-id-6333,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

Importancia na conservación de espazos naturais

A publicación Directiva Hábitats, coa finalidade de protexer, entre outras cousas, as diferentes comunidades vexetais de Europa, supuxo o recoñecemento do valor dos queirogais como fonte de biodiversidade. Estas matogueiras características da fachada atlántica europea acubillan unha elevada diversidade florística, incluíndo algunhas especies endémicas.

Máis estas comunidades vexetais non son tan naturais” como se pode pensar nun principio, dependen do pastoreo, realizado principalmente por équidos e, en certas épocas do ano, por razas moi rústicas de vacún. Este uso tradicional do monte promove a diversificación das comunidades vexetais en matogueiras abertas, limitando o desenvolvemento dos arbustos, toxos principalmente, e incrementando a heteroxeneidade espacial, creando céspedes onde se desenvolve unha gran cantidade de especies botánicas.

Estas especies vexetais constitúen unha comunidade herbácea característica (a Subalianza Violon caninae) con presenza de plantas de menor porte, como poden ser as pertencentes aos xéneros Merendera ou Narcissus, incapaces de desenvolvérense á sombra dos arbustos.

Ademais, os cabalos, pola súa resistencia, os poucos coidados que precisan e a súa capacidade para dixerir a lignina (compoñente da madeira), son quizais a mellor especie para o control do toxo, dado que son capaces de reducir ata un 80% da súa biomasa foliar, principal material combustible dos incendios forestais en Galicia.