Puraga | XVIII RAPA DE CAMPO DO OSO
7144
post-template-default,single,single-post,postid-7144,single-format-standard,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

XVIII RAPA DE CAMPO DO OSO

XVIII RAPA DE CAMPO DO OSO

📆Onte, o último domingo de xuño, como marca a tradición, celebrouse a 43 edición da Rapa de Campo do Oso.🐎🐎🐎
👉Unha edición na que Puraga colaborou na organización xunta ao Concello de Mondoñedo @concellodemondonedo e que sería imposible de realizar sen os gandeiros e gandeiras que, non só xuntaron ás bestas, se non que axudaron a montar os toldos, desbrozaron, colocaron vallas, carteis…👏
Campo do Oso foi a única rapa que se celebrará este ano na Mariña.🔷
✨Este ano, para poder continuar coa tradición de marcaxe da recría e ao mesmo tempo, adaptarnos ás normas de benestar animal, empregouse nitróxeno líquido, un método indoloro aínda que máis caro e laborioso que o tradicional lume… aínda que xa se empregara na rapa de Neipín, esta foi a primeira vez que se fixo nunha das grandes rapas de Galicia.✔
Despois das tarefas de saneamento e marcaxe dos animais🐴, houbo sesión vermú, coa presenza dun grupo musical e Pulpería Mario 🐙, así como degustación de carne de poldro 100% Raza Autóctona @100x100potrogallego 🥩
🔶Dende Puraga queremos agradecer ao Concello de Mondoñedo pola sua inestimable axuda, aos gandeiros de Mondoñedo (Luciano, Moisés, Alba…) que prepararon toda a zona desbrozando e colaboraron man a man para que esta celebración fose posible, aos aloitadores ( Moisés, José Eduardo, Ricardo, Luciano, Antón, Félix, Juan…) a todas as persoas que fixeron posible esta celebración, a Protección Civil, e por suposto a todos os asistintes!👏❤️