XXXI FEIRA do POLDRO Concello de Muras
Como cada ano celébrase en Muras a feira do poldro, este ano na súa XXXI edición, e PURAGA estará presente colaborando co Concello nas diferentes actividades.
IV XORNADAS DEGUSTACIÓN DE CARNE DE POLDRO DO 14 AO 22 DE SEPTEMBRO, pódense degustar as tapas nos establecementos colaboradores:
*Café Bar A Volta
*Café Bar Santi
*Picapán Casa Vituco
As persoas que participen nesta degustación, poderán entrar nun SORTEO dunha entrada ao CLUBE TERMAL do Spa ATICA 21 de Vilalba con comida ou cea
! Este ano sortéanse 3 PACKS!!! NON VOLO PERDADES!!!
E durante esta vindeira fin de semana poderedes disfrutar das actividades programadas para a XXXI FEIRA DO POLDRO DE MURAS:
- SÁBADO 22 DE SEPTEMBRO 2018:
No piñeiral da Gañidoira:
As 19.00h celebraranse os Xogos ecuestres e as II Olimpiadas rurais de Muras… ¿quen levará a medalla de ouro??
E as 20.00h ofreceránse uns pestiscos con animación musical.
- DOMINGO 23 DE SEPTEMBRO 2018:
A partir das 10.00h se realizará a apertura da XXXI Feira poderase disfrutar da exposición de animais(deixamosvos o enlace para o concurso de gando) , haberá exposición de maquinaria, postos de artesanía e alimentación e unha exposición fotografica durante todo o día.
As 11.30h PURAGA, en colaboración con GRANXA DO SOUTO, ofrecerá para os máis pequenos paseos a cabalo de balde no recinto acondicionado para esta actividade.
As 12.00h terá lugar o Concurso Morfolóxico de cabalos e eguas de Pura Raza Galega.
Con premios en metálico para os mellores clasificados nas dúas categorías:
1º clasificado: 115€
2º clasificado 110€
3º clasificado 100€
Dende as 14.00 ata as 20.00h “III Roteiro: Observación de cabalos no Xistral”, é necesario facer a inscripción no stand de PURAGA o mesmo día da feira. O roteiro terá unha duración aproximada de 45mins.
Para máis información: 638 566 860 ou 689 419 722