PRESENZA DE DOUS PRGs NO XXIII CTO. GALEGO DE PONYS DE DOMA CLÁSICA
![📆](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/tff/1/16/1f4c6.png)
O clube lalinense @ch_juanoliveira participou con 5 ponis entre os que destacaron os PURAGA Tímido do Monte de San Roque e Esqueiro, cedidos ao clube a través dun convenio entre a asociación Puraga @puraga_cabalos_prg e a Xunta de Galicia.
Nesta ocasión, “Tímido do Monte de San Roque” fixo unha saída a pista en campionato xunto ao xinete Martín Díaz, na que acadaron a segunda posición
en categoría C.
![🥈](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/t15/1/16/1f948.png)
Pola súa banda “Esqueiro ” saíu tres veces á pista coas amazonas Martina Granja, Sálvora Vilariño e Catalina Sánchez, todas en categoría B, acadando os postos octavo, décimo e décimo quinto respectivamente.
![👏](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/tfe/1/16/1f44f.png)
![💪](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/t6c/1/16/1f4aa.png)
Por outra banda, o Club Hípico Juan Oliveira seleccionou dous alumn@s para a participación no XXXII Campionato de España de Doma Clásica con Ponis, que se disputará os vindeiros días 20,21 e 22 de xuño de 2022, no Centro Ecuestre de Castela e León (Segovia). Os binomios seleccionados son Sálvora Vilariño López montando ao poni “Esqueiro”, na categoría ponis B (ponis entre 1,10 e 1,30 metros de alzada) e Martín Díaz Rodríguez montando ao poni “Tímido do Monte de San Roque”, na categoría ponis C (ponis entre 1,30 e 1,40 m de alzada).
Os dous participantes deberán competir os días 20, 21 e 22 de xuño, xunto aos restantes 36 participantes, realizando as reprises correspondentes ás categorías alevín e infantil, respectivamente.”
Encántanos recibir estas novas dos Pura Raza Galega! Moita sorte no próximo campionato! ![🎉](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/t8c/1/16/1f389.png)
![👏](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/tfe/1/16/1f44f.png)
![🎉](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/t8c/1/16/1f389.png)
![👏](https://static.xx.fbcdn.net/images/emoji.php/v9/tfe/1/16/1f44f.png)