Puraga | Libro xenealóxigo/Censo
6357
page-template-default,page,page-id-6357,page-child,parent-pageid-5853,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_enabled, vertical_menu_left, vertical_menu_width_290,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,side_menu_slide_from_right,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

Libro xenealóxigo/Censo

O Decreto 149/2011 describe definitivamente o prototipo racial do Cabalo de Pura Raza Galega, antes Cabalo Galego do Monte, incluíndoo dentro do catálogo galego de razas autóctonas en perigo de extinción, aproba o Programa de Conservación e Mellora e designa a PURAGA, como a entidade responsable da xestión do Libro de Rexistro Xenealóxico da raza.

Os Libros Xenealóxicos son unha ferramenta para a conservación das razas en perigo de extinción. Permitindo levar un control actualizado sobre o censo ao tempo que diferenza aos animais polo seu valor xenético. Os animais clasifícanse en función do número de proxenitores inscritos no libro en diferentes rexistros, (Rexistro Auxiliar: animais sen avós inscritos e Rexistro Definitivo: animais cos catros avós inscritos) de xeito que ademais de facilitar a súa escolma permítese a incorporación de exemplares con altas puntuacións nas valoracións morfolóxicas realizadas no campo.

A inscrición dun animal no Libro de Rexistro Xenealóxico, a pesar de non implicar ningunha obriga legal nin sanitaria, esixe a realización dunha serie de trámites, administrativos e de manexo, e a comunicación a PURAGA dos movementos de animais na explotación.

PROCESO DE INSCRICIÓN DUN ANIMAL:

Todos os équidos deben ser identificados con microchip e un código N.P.U. (Número Permanente Único) antes dos 6 meses ou do 31 de decembro do ano no que naceron. Os Cabalos PRG teñen microchips e NPU propio, sendo xestionado por PURAGA.

A identificación realízase por medio do equipo veterinario de PURAGA, que se encarga ao mesmo tempo de cubrir o libro de explotación e de dar as altas na base de datos de Sanidade Animal da Consellería do Medio Rural. Nese momento realízase a toma de mostras necesaria para o control xenético dos animais que se van inscribir. Nesta actuación, os animais quedan completamente identificados non sendo preciso que o propietario/a pase pola Oficina Agraria Comarcal.

VALORACIÓN AOS 3 ANOS:

Aos tres anos de idade, todos animais inscritos deben pasar unha segunda valoración morfolóxica que autoriza ao emprego do animal como reprodutor, reseñándose a lenda APTO COMO REPRODUTOR no seu pasaporte. A partir deste momento pódese solicitar a marcaxe a FRÍGORE, característica do PRG, dos catro últimos números do microchip na parte esquerda do seu lombo.

COMUNICACIÓN DOS MOVEMENTOS:

É obrigatorio comunicar á Oficina de Rexistro Xenealóxico as incorporacións de exemplares ou as baixas, tanto por venda como por morte, facendo chegar o impreso correspondente. Estes impresos pódense descargar desde a páxina web, WWW.PURAGA.ES, no apartado Documentación, Impresos oficiais, ou ben solicitalos á propia oficina.

CAMBIO DE PROPIETARIO: Comunícanse por medio do impreso PRG A-07, sendo PURAGA a responsable de cruñar o pasaporte do animal, non a Oficina Agraria Comarcal. Esta información tamén debe ser comunicada á Oficina Agraria Comarcal correspondente.

BAIXA: As baixas débense comunicar por medio do impreso PRG A-08. Ademais, entregarase o pasaporte na Oficina Agraria Comarcal que se encargará de facerllo chegar a PURAGA. Se é o caso, o pasaporte entregarase xunto co cadáver ao camión de recollida de animais mortos, sendo eles os encargados de facerllo chegar á administración. Neste caso chega con facer chegar á oficina unha copia do resgardo de recollida do cadáver que entrega o operario encargado da recollida

CENSO ANUAL:

A principios do ano cada criador/a recibirá o Impreso PRG A-09, para a COMUNICACIÓN DO ESTADO DA GANADERÍA coa relación de animais dados de alta na explotación, débense comprobar os datos, modificar o que fose preciso, asinalo e envialo de novo á oficina de rexistro do libro xenealóxico.

INTERPRETACIÓN DO PASAPORTE DO PRG:

Xenealoxía: queda recollida na sección II, páxina 4/28 e 5/28. Debe estar cruñada por PURAGA.

Propietario: nas páxinas 6/28 e 7/28 aparecen os datos de todos os propietarios que tivo o animal. Debe estar cruñado por PURAGA.

Reseña Central: páxinas 12/28 e 13/28 aparecen os datos da explotación onde se identifica, a reseña gráfica e escrita, o número de microchip e o N.P.U. en forma de código de barras. Os animais maiores de tres anos debe ter o cruño “APTO COMA REPRODUTOR” debaixo da reseña escrita. Debe estar cruñada e asinada por o facultativo veterinario contratado por PURAGA.

Aptitude para consumo humano: recóllese nas páxinas 20/28 e 21/28, debendo estar totalmente en branco para os animais destinados ao consumo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR