Puraga | Puraga
Evolución das razas gandeiras, o cabalo en Galicia, árbol xenealóxico, cultura cabalar, banco de xermoplasma, carne de poldro e novas relacionadas co cabalo de pura raza galega
Cabalos pura raza galega
4
home,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-4,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_background_opacity, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

Cabalos de pura raza galega

Ao longo dos séculos XIX e XX, as eguas de pura raza galega consideráronse excelentes nais para cabalos de traballo, cruzándoas con razas foráneas das que recibían maior porte, velocidade ou masa muscular, e aos que aportaban rusticidade, resistencia, frugalidade e calidade de casco e articulacións. A falla de control nesta práctica supuxo a case desaparición da raza, preservándose naqueles lugares nos que se conservou un sistema de cría tradicional en liberdade único no mundo, do que se ten constancia continua desde os primeiros poboadores de Galicia.


Hoxe en día, aínda se poden observar greas destes animas pastando ceibes no entorno orixinal onde se creou a raza, nas matogueiras atlánticas da media montaña galega, onde os gandeiros e PURAGA manteñen con celo a súa pureza. Desde PURAGA, traballamos para a conservación destes magníficos animais, así como do seu sistema de cría tradicional, dentro de diferentes liñas de traballo; o fomento do consumo da súa carne e produtos derivados, a preparación de animais destinados á equitación, especialmente infantil, a selección e cría de exemplares marchadores, e a creación e mantemento dun banco de xermoplasma e embrións. Para realizacións destes proxectos PURAGA asinou un convenio coa Conselleria do Medio Rural dentro do marco do PDR de Galicia 2014-2020, cofinanciado con fondos FEADER.

VISITA A NOSA NOVA WEB

NOVAS

SUSO DE REMOURELLE

Banco de xermoplasma

CAPRICHO DE RÚA

Banco de xermoplasma
Fichas de cabalos

Últimas novas

  • SORTEOS CARNE DE POLDRO DE CABALO DE PURA RAZA GALEGA 100% RAZA AUTÓCTONA

    Visita o noso instagram e participa nos diferentes sorteos de carne de poldro de cabalo de PRG 100% Raza Autóctona de balde! SORTEO1 SORTEO2 Proba un produto de excelente calidade, cun sabor especial e delicioso. Se queres coñecer un pouco máis da nosa carne, onde......

  • DEGUSTACION EN CARBALLO FRIOL

    Este domingo 30 de xullo esperamosvos na Rapa das Bestas de Carballo, Friol. Unha cita que non te podés perder🗓️     Ven a disfrutar dunha xornada en familia coas diferentes actividades organizadas para o domingo.✨ 🐴🐴🐴Comenzaremos coa recollida das eguas e baixada ao curro.......