Puraga | Consellos e Recetas
6295
page-template-default,page,page-id-6295,page-child,parent-pageid-5864,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_enabled, vertical_menu_left, vertical_menu_width_290,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,side_menu_slide_from_right,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

Consellos e Recetas

O CONSUMO DE CARNE DE POLDRO

 

¿POR QUÉ NON COMEMOS CARNE DE POLDRO?

Existen numeras explicacións para o baixo consumo de carne de poldro e cabalo en xeral na sociedade actual, relixiosos, culturais, económicos…porén todos se poderían resumir nun so: Non identificamos a carne de cabalo coma algo comestible, coma un alimento.

Ata fai moi poucos anos (50 anos ou quizais menos) os cabalos representaban o principal modo de transporte da humanidade, pódese dicir que practicamente ata unha década antes de que o ser humano chegase á lúa. A segunda guerra mundial comezou empregando milleiros de cabalos, soamente Rusia empregou 800. 000 cabezas de animais de tiro, e rematou coa bomba atómica. No 1994 retiráronse  os derradeiros ponis mineiros ingleses co peche da mina de carbón de Ellington. O progreso deixaba aos cabalos sen a súa función tradicional na sociedade occidental.

Ata ese momento, o cabalo, coma especie doméstica valía moito máis vivo que morto, a súa enorme capacidade de traballo, a súa forza, a súa intelixencia e mansedume, facían deles unha ferramenta perfecta ao noso servizo. Unicamente aqueles cabalos que morrían, esgotados polo traballo, enfermos, vellos, ou sinxelamente sacrificados por lesións que os facían inútiles eran aproveitados… completamente… os seus osos servían coma fertilizantes, coa graxa fabricábanse candeas, a pel era curtida en forma de coiro, as sedas (crinas e colas) servían para tapizar mobles, facer sedelas de pesca ou mesmo arcos para violíns, e por suposto a súa carne tamén se vendía, como carne barata, como alimento de cans e gatos, ou como sucedáneo ilegal de carne de tenreira.

Se a todo isto lle engadimos a vertente do cabalo como animal deportivo, como mascota, é doado entender que o consumidor posúa un rexeitamento CULTURAL por esta carne, fronte á de outras especies domésticas coma a vaca, o porco ou o polo que sempre representaron o mesmo papel “alimenticio”.

Son precisamente estas tres especies as que centran a maior parte da produción gandeira no mundo occidental e non é por casualidade, xa que son as tres especies con maiores índices de conversión, isto quere dicir, as que máis engordan e medran cunha a mesma cantidade de comida, fundamentalmente penso ou cereal. Esta pode ser outra razón pola que non se consume, chamémoslle un rexeitamento ECONÓMICO ou ecolóxico, non é tan rendible producila, e os gandeiros escollen outras especies e polo tanto o mercado, e a publicidade, diríxense cara estas especies maioritarias.

Poderiamos engadir un terceiro motivo, o rexeitamento RELIXIOSO, que ten a súa orixe no culto que moito pobo indoeuropeos tiñan polos cabalos, coma seres case divinos, e onde se practicaban certos sacrificios rituais, xeralmente con eguas ou garañóns de cor branca, combinados con práctica simulada ou non de coitos cos mesmos. Este sacrificio, que remataba no consumo do animal sacrificado, considerábase a maior expresión de sacrificio posible, unicamente superada pola do propio ser humano, e realizábase exclusivamente en beneficio de personalidades moi importantes destes clans ou tribos. Este costume bárbaro (común entre os hunos, mongois e celtas europeos) non estaba ben visto desde unha Roma incipientemente cristiá, e foi por iso que o Papa GREGORIO III, publicou unha bula papal na que se prohibía o consumo de carne de cabalo, considerándoo propio de pagáns e idólatras.

¿POR QUÉ DEBEMOS COMER CARNE DE POLDRO?

Desde o principio, en PURAGA, enténdese que a conservación do cabalo galego pasa polo mantemento das grandes greas de bestas bravas nos nosos montes, onde son a raza mellor adaptada e onde cumpren coa súa importante función medio ambiental. Estes animais, producen a partir de forraxe de baixo valor nutritivo, o toxo principalmente, unha carne de gran calidade, que practicamente é descoñecida nas cidades galegas, se ben, nas zonas onde se produce e moi tradicional o seu consumo, tanto en fresco, como en forma de embutidos mesturados con carne de porco.

Esta carne desde o punto de vista dietético a carne de poldro ten as seguintes cualidades:

  • Baixo contido en graxo.
  • Alto contido en glicóxeno e proteínas.
  • Alto contido en ferro asimilable.
  • Moi tenra e de doada dixestión.

 

Consumindo carne de poldro (POTRO GALLEGO) colaboras non so na conservación desta raza se non tamén do seu sistema de cría, e polo tanto, da conservación das matogueiras e de toda unha paisaxe cultural vinculada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR