Puraga | Testaxe de poldros
5962
page-template-default,page,page-id-5962,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

Testaxe de poldros

Desde o principio, en PURAGA, enténdese que a conservación do cabalo galego pasa polo mantemento das grandes greas de bestas bravas nos nosos montes, onde son a raza mellor adaptada e onde cumpren coa súa importante función medio ambiental. No entanto, este tipo de cría non ofrece animais cunha idade e características interesantes para incorporarse ao deporte (5 ou 6 anos, criados en contacto co home, domado nunha disciplina concreta …), senón que produce animais que, na súa maior parte, son destinados ao sacrificio ao acadaren os seis meses de idade.

Por este motivo, no 2010, a Consellería do Medio Rural e PURAGA asinaron un primeiro convenio de colaboración para acadar una maior diversidade produtiva do Cabalo de Pura Raza Galega, financiado con fondos FEADER, renovado para os anos 2014-15 e ampliado para o período 2016-2020.

Dentro do cal, estanse a criar poldros en condicións controladas, combinando o seu desenvolvemento en grandes parcelas e a estabulación, no centro de Referencia das Razas Equinas Autóctonas de Galicia, para, chegados aos 36 meses, pasalos gradualmente, á vida deportiva grazas á colaboración da Asociación de Cabalistas do Mundil, Cartelle, Ourense. A continuación, estes animais domados e testados cédense gratuitamente a calquera club hípico que o solicite, tanto de Galicia como do resto de España.

Actualmente, hai máis de 20 exemplares cedidos e traballando en diferentes clubs hípicos ao longo de toda Galicia, e incluso, algúns deles fóra.

Resultados do convenio

Froito deste Convenio asinado coa Consellería do Medio Rural, máis dunha ducia de entidades adicadas ao deporte, á educación ou a actividades turísticas contan coa presenza de cabalos de Pura Raza Galega nas súas instalacións. Estes animais cédense por un espazo de tempo ilimitado, coas únicas condicións de respectar o seu benestar físico e psicolóxico e de promocionar, na medida das súas posibilidades, a nosa raza equina.

Os resultados, ata o momento, son moi esperanzadores, a pesar do pouco tempo que estes animais levan introducidos nos circuítos deportivos. Debemos ter en conta que os máis maiores naceron sobre o ano 2011. Agardamos mellores resultados a medida que estes animais adquiran máis experiencia e madurez.

A pesar de todo, todos eles están a traballar con regularidade, principalmente como animais de tanda, onde a súa resistencia física e fisiolóxica fainos destacar.

Durante o ano 2019, xa varios cabalos cedidos en diferentes clubes obtiveron moi bo resultados en competicións deportivas oficiais.

Paco Pony, PRG cedido no Club Hípico de Coles participou no “Campionato de Doma Clásica Galego de Ponys” con moi bos resultados.

Maruxa PRG e Guerreiro, cedidos no Club CHAR Ponteareas, están competindo en salto de obstáculos en competicións tanto  sociais como oficiais.

Louro I, cedido na “Finca Afouteza” está competindo a nivel oficial dende o ano 2018 en salto de obstáculos.

A maior parte deles traballan sen ferraduras e son moi poucos os casos de enfermidades ou lesións que observamos.

O nosos cabalos son animais de carácter e deben ser montados por xinetes e amazonas que saiban sacarlles o seu máximo rendemento. Nestas circunstancias podemos describilos como animais valentes, esforzados e entregados, capaces de realizar saltos de máis dun metro e dez centímetros, de vincularse ben cos nenos e nenas e de traballar durante longas xornadas, intelixentes, moi capaces de aprender e de forte instinto.

Resultados excelentes deron cabalos galegos como Tutiplén, Impa, Perezoso, Muras do Souto ou Maruxa PRG con moi boas clasificacións nos campionatos de salto a nivel estatal ou autonómico. Destacan tamén os resultado obtidos na disciplina da atrelaxe ou enganche.

Cesión de cabalos PRG

Gracias ao convenio firmado coa Consellería de Medio Rural e FEADER  e ata o ano 2019 foron posibles estas cesións. Na actualidade a disponibilidade de exemplares PRG para as cesións é limitada, xa que o novo convenio(2020-2022) non comtempla este punto.

PURAGA ofrece a posibilidade da cesión de cabalos PRG a diferentes clubes hípicos, granxa escolas, etc.

As cesións son gratuítas e por un tempo definido, con posibilidade de renovación.

O clube ou entidade interesada ten que cumplir unha serie de obrigas como manter o benestar animal tanto físico como psíquico, usalos nas actividades diarias do club, facerse cargo da RC dos exemplares cedidos, cubrir as necesidades físicas, deportivas e sanitarias dos mesmos ou compartir os avances e resultados dos cabalos con PURAGA.

Para máis información: isabel@puraga.es e no 689419722.