Puraga | Banco de xermoplasma
5855
page-template-default,page,page-id-5855,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_enabled, vertical_menu_left, vertical_menu_width_290,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,side_menu_slide_from_right,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

Banco de xermoplasma

Dentro das áreas estratéxicas descritas pola FAO para a conservación das razas gandeiras en perigo de extinción e asinadas por España na Declaración de Interlaken, recoméndanse a creación de programas de conservación EX SITU, nomeadamente, Bancos de Xermoplasma. PURAGA, entidade xestora do Libro Xenealóxico, entende como a súa responsabilidade a creación deste Banco de Xermoplasma para que a conservación por medios tecnolóxicos de material reprodutivo (seme e embrións) permita asegurar a supervivencia coma do Cabalo de Pura Raza Galega.

Deste xeito, inclúese no Convenio asinado pola Consellería do Medio Rural e PURAGA (Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e PURAGA para a conservación, desenvolvemento e utilización sostible dos recursos zooxenéticos da raza equina Cabalo de Pura Raza Galega e o fomento e promoción dos seus produtos derivados, cofinanciado do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do PDR de Galicia 2014_2020) para a conservación da raza a creación dun Banco de Xermoplasma, que asegure a conservación da diversidade xenética dun xeito indefinido, podendo ser empregados, por medio de diferentes técnicas de reprodución asistida, cando fose preciso.

Recentes brotes de enfermidades en toda Europa, o control das cales precisa de sacrificios de altas porcentaxes das poboacións, demostran a importancia de contar con material xenético criopreservado para permitir a recuperación das razas locais.(Boettcher Et Al.2005).

O material conxelado conservarase no Centro de Recursos Zootécnicos de Galicia, Pazo de Fontefiz, Coles Ourense, dentro das súas accións encamiñadas á conservación e recuperación das nosas razas gandeiras autóctonas en perigo de extinción.

Protocolo de extracción de seme

1. Selección e preparación do semental

Seleccionáronse 6 machos ao longo de toda a xeografía galega, de diferentes liñas e con alto valor xenético e non relacionados entre si. Os sementais débense afacer ao manexo da vaxina artificial e as novas condicións (boxes, presenza de outros machos, etc) O aparato reprodutor debe estar limpo para que o seme recolectado se contamine o menos posible.

2. Preparación da vaxina artificial

A vaxina artificial produce a estimulación do macho por presión e por temperatura axeitadas, por medio de auga entre 45 y 50ºC. A vaxina consta dunha camisa sanitaria plástica, dun so uso, que impide o contaxio entre sementais, encarregada de recolectar o seme cara un recipiente colector, cun filtro para eliminar certas fases do seme as cales non son útiles para a conservación e a realización das inseminacións.

3. Preparación da egua

Prepárase a egua para evitar lesións tanto no macho, evitando couces e golpes, trabándoa cunha serie de cintas, como na femia, cunha funda de coiro protexéndoa de trabadas no pescozo, cruz ou lombo.

4. Presentación do semental e extracción con vaxina artificial.

Achégaselle o semental á egua trabada, de xeito que o semental excítase e intenta cubrila, nese momento, diríxeselle o pene cara o interior da vaxina artificial, á temperatura e presión axeitadas, provocando que o macho exacule dentro do recipiente de recolección.

5.Conservación do seme.

Co seme dentro do colector e filtrado e xa dentro do laboratorio, trasládase a un tubo especial (tubo córner) onde poderemos valorar a cantidade recolectada e se mantén nunha cubeta con auga a 37ªC evitando as variacións de temperatura que poderían matar aos espermatozoides.
A medición da concentración é moi importante xa que unha dose de seme debe ter 400 millóns de espermatozoides para ser de calidade. As palliñas de seme conxelado son de 0.5 C.C. e cada unha das cales ten 50 millóns. Para unha inseminación precísanse 8 palliñas (8 x 50= 400 millóns). Para medir a concentración do exaculado precísase dun espectrofotómetro.
A continuación centrifúgase e elimínase parte do líquido seminal que, a pesar de favorecer a mobilidade dos espermatozoides dificulta a conservación do seme longo tempo.
Co centrifugado os espermatozoides quedan non fondo do tubo córner e o líquido seminal permanece na superficie (sobrenadante), isto permítenos escoller os espermatozoides puros.
Dilución do seme conxelado: Mesturase o seme centrifugado co líquido de conxelación, a continuación refrixérase a 4º durante 30 minutos, despois, empregado a chamada Rampa de conxelación afúndese gradualmente ao longo de 20 minutos , evitando de novo as variacións bruscas de temperatura ata chegar aos 196ºC baixo 0. Unha vez conxeladas trasládanse ao tanque de nitróxeno líquido, onde poden conservarse durante anos
As palliñas teñen cores diferentes e levan gravado no seu exterior, o nome do semental, o seu NPU e a raza.

BIBLIOGRAFIA: Boettcher Pj, stella a, Pizzi f, Gandini g. (2005) The combined use of embryos and semen for cryogenic conservation of mammalian livestock genetic resources.  Genet. Sel. Evol. 37:657–675.

Ficha de cabalos

favicon-puraga

ANNE WILD HORSE

favicon-puraga

CLOVER

favicon-puraga

FURIA

favicon-puraga

MARUXA DA RESTREBADA

favicon-puraga

MARILOLI

CURRAS DE SERRA DO COTÓN

RAFAEL DOS PEREIROS

LEON

PODARGO

BOCELO I

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR