Puraga | ACTIVIDADES DENTRO DO CONVENIO PARA O 2024
7375
post-template-default,single,single-post,postid-7375,single-format-standard,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

ACTIVIDADES DENTRO DO CONVENIO PARA O 2024

ACTIVIDADES DENTRO DO CONVENIO PARA O 2024

ACTIVIDADES PROPOSTAS POR PURAGA PARA O ANO 2024 DENTRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN COA XUNTA DE GALICIA, MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACION E FONDO EUROPEO AGRICOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL:EUROPA INVISTE NO RURAL

 

Para continuar coas obrigas de PURAGA, propóñense os seguintes eventos e actuacións:

 

Manutención da/s grea/s de PURAGA (durante todo o ano).

Toma de mostras e analíticas de xenotipado necesarias para o rexistro de cabalos e eguas PRG  no Libro Xenealóxico (durante todo o ano).

Toma de mostras e análisise do xen DMRT3 para continuar coa selección de reproductores(durante todo o ano).

Seguir coa promoción do logotipo 100% Raza Autóctona mediante a realización de gustacións de carne de poldro: escolas de hostelaría, feiras, eventos programados, promociones online,…

Promoción e presentación do lotipo “Cabalo de Pura Raza Galega 100% Raza Autóctona” nas escolas galegas de hostalería, módulos de carnicería,… (durante todo o ano). Realización de degustacións de carne de poldro galego 100% RA en feiras, xorandas, roteiros de pinchos, ….

Grabación e edición de diferentes eventos, videos informativos, videos promocionais,… (durante todo o ano)

Elaboración de material publicitario: roll ups, flybanners, posters, pegatinas, lonas,… (durante todo o ano)

 

 

Feiras e eventos:

  • Xornada de degustación de carne de poldro galego de cabalo de Pura Raza Galega 100% Raza Autóctona o sábado 3 de febreiro en O Valadouro nos locais de hostalaría de Ferreira do Valadouro(Lugo).
  • Domingo 3 de marzo, feira-exposición de gando de San Miguel de Reinante (Barreiros, Lugo), xornada de degustación de carne de poldro de cabalo de Pura Raza Galega 100% Raza Autóctona nos locales de hostelaría da zona.
  • Presentación na Escola de Hostalería Álvaro Cunqueiro, en A Coruña. Exposición das características do logotipo 100% Raza Autóctona e do cabalo PRG: modo de vida e características morfolóxicas e organolépticas. Manexo da carne e cociñado da mesma. (Pendente de confirmar data)
  • As Quendas 1 de maio, degustación de carne de poldro de cabalo de Pura Raza Galega 100% Raza Autóctona durante a festas de As Quendas de Mondoñedo (Lugo).
  • Feira de Silleda – SALIMAT, 6 ao 9 de xuño. Concurso Morfológico Oficial, exemplares de cabalo PRG en exposición, degustación de carne de poldro de cabalo de 100% Raza Autóctona.
  • Rapa de Vilapedre, Villalba. Sábado 22 de xuño. Tradicional baixada das bestas e rapa das crinas. Degustación de produtos de cabalo de PRG 100% Raza Atutóctona.
  • Domingo 30 de xuño: Rapa das bestas de Campo do Oso, A Pastoriza-Mondoñedo. Tradicional baixada das bestas e rapa. Degustación de carne de poldro 100% RA.
  • 37º CST Granxa do Souto, Ortigueira, sábado 29 de xuño, concurso de salto de obstáculos, exhibición de cabalos PRG.
  • Fiesta de Interese Turístico Nacional, Rapa das Bestas do Curro de Candaoso, en San Andrés de Boimente, en Viveiro (Lugo), domingo 2 de Xullo.
  • Domingo 30 de xullo, Rapa das Bestas de Carballo, Friol (Lugo). Baixada das bestas e rapa tradicional dos equinos. Degustación de carne de poldro 100% RA.
  • 24 de Septembro Feira do poldro de Muras. Degustación de carne de poldro 100% Raza Autóctona.
  • San Lucas, Mondoñedo, 17 de outubro, Fiesta de Galicia de Interese turístico. Exposición de animais PRG. (Actividades pendentes de pechar)

 

 

 

 

 

 

**Estes eventos e actuacións poden sufrir posibles cancelacións ou modificacións.