Puraga | ACTIVIDADES LEVADAS A CABO DURANTE O ANO 2017
6526
post-template-default,single,single-post,postid-6526,single-format-standard,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_enabled, vertical_menu_left, vertical_menu_width_290,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,side_menu_slide_from_right,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

ACTIVIDADES LEVADAS A CABO DURANTE O ANO 2017

ACTIVIDADES LEVADAS A CABO DURANTE O ANO 2017

MEMORIA DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NO ANO 2017

 

Durante todo o ano PURAGA dedicouse a promoción da raza do cabalo PRG. Polo acordo establecido co convenio levado a cabo cos fondos  FEADER estivo dispoñible nas actividades de información e comunicación que PURAGA desenrolou ó longo do ano mediante a colocación de rolls-up nas feiras e exposicións, así como nos videos promocionais da raza:

  • Video promocional dos cabalos PRG na andadura serrada e chapeada durante a feira de Moeche:

https://www.youtube.com/watch?v=VhdrnIUVHdc

  • Video promocional durante a participación do semental Bocelo I, un dos cabeza de raza dos PRG marchadores, na Exposición de Razas Autóctonas celebrada no San Froilán en Lugo:

https://www.youtube.com/watch?v=q7Wmj28mnh8

  • Video do Club Hipico la Muralla, en Redondela, cabalos cedidos dende Puraga para a práctica deportiva da equitación nas diferentes disciplinas realizadas no clube:

https://www.youtube.com/watch?v=bZTwdvYqlOg

  • Video promocional do clube hípico Finca Regueiral, en Betanzos, clube dedicado ao salto de obstáculos:

https://www.youtube.com/watch?v=BTofk1HS2_o

  • Video promocional dos cabalos do Club Hípico “O Marruxal” en Poio:

https://www.youtube.com/watch?v=y03n_jaFteY

  • Exhibición na feira cabalar de Cangas de Foz, cabalos en andadura natural:

https://www.youtube.com/watch?v=DnYoMQK1vgg

  • Traballo de hipoterapia dos cabalos PRG no Centro de Terapias Ecuestres de Coruña (CETECO):

https://www.youtube.com/watch?v=7REgfwRj5sU

  • Exhibición de Bocelo I no desfile de Razas Autóctonas de San Froilan:

https://www.youtube.com/watch?v=q7Wmj28mnh8

 

 

  1. ACTIVIDADES RELATIVAS Á CONSERVACIÓN In Situ/Ex Situ:

 

  1. Continuación co desenvolvemento do proxecto de cría, “ex situ” co mantemento dunha grea de cabalos formada por cinco exemplares (4 femias adultas e un garañón). Este proxecto poderá desenvolverse no Centro de Razas Equinas Autóctonas de Galicia, ou ben noutros espazos que a entidade considere axeitados.

 

LUISA III

CHISPA

SENADORA DO RABO DO RAPOSO

ULLA DE LOIBA

 

Estes animais foron comprados con fondos deste convenio para aumentar a grea de eguas. Localizándose no CREAG, Centro de Razas Equinas de Galicia.

 

LÓSTREGO DE LOIBA

CAPRICHO DE RÚA

 

Estes animais foron comprados con fondos deste convenio para consolidar a mellora xenética destes futuros sementais pola súa xenética e polas súas aptitudes para a andadura natural.

 

  1. Crear un Banco de Xermoplasma con material xenético da raza, tanto seme como embrións, que garanta a súa conservación.

 

 

  • Primeira campaña de extracción e conxelación de seme de cabalos de Pura Raza Galega, partindo de 6 exemplares:

BOCELO                                                             

CURRÁS DE SERRA DO COTÓN                 

RAFAEL DOS PEREIROS                                

LEÓN                                                                  

CLOVER                                                             

PODARGO                                                        

 

 

Máis información dispoñible en www.puraga.es

  • Primeira campaña de extracción e vitrificación de embrións. Utilizáronse para esta fin 4 eguas e un semental:

 

Mariloli              

Anne Wild Horse

Maruxa da Restrebada

Furia

Bocelo I

 

En total obtivéronse 10 embrións. Os cales foron obtidos das diferentes eguas:

Mariloli

Maruxa da Restrebada

Furia

Anne Wild Horse

 

Máis información dispoñible en www.puraga.es

 

  1. ACTIVIDADES RELATIVAS AO ESTUDO DA RAZA:

 

  1. Continuación coa selección de reprodutores na poboación do PRG para detectar exemplares portadores do xen DMRT3 vinculado co carácter “cabalo marchador” coa finalidade de crear greas selectas de cara a obtención de animais con estas características.

Contratouse o análise de 25 mostras de pelo para a selección de animais marchadores.

Dos 25 equinos analizados

– 3 deles deron A/A, homocigóticos recesivos.

– 5 presentaron heterocigósis para este xen.

-1 6 foron homocigóticos dominantes C/C.

– Un foi non concluinte.

 

  1. ACTIVIDADES RELATIVAS AO FOMENTO DO EMPREGO DA RAZA, MELLORA DAS EXPLOTACIÓNS E DAS SÚAS PRODUCIÓNS:

 

  1. Continuación do programa de selección e doma de poldros de cara a preparación de animais para a práctica do deporte en condicións reais de cara a súa cesión e utilización en actividades lúdicas, deportivas e de hipoterapia.

Esta labor lévase a cabo nas instalacións da Asociación de Cabalistas de  “O Mundil” , sito en Cartelle (Ourense).

 

 

Actualmente están no centro para a súa testaxe cinco cabalos:

SANFINZ

BILL PONI

TURCO I                                                       

ESTEIRO I

 LEON

Cesión de sementais para as greas dos socios coa finalidade da mellora xenética:

BOIMENTE

OROL

CINCENTO

EUME  

 

 

  1. Achegar os coidados facultativos necesarios aos animais utilizados para levar a cabo as actuacións citadas nos parágrafos anteriores. Manter en axeitadas condicións de nutrición, hixiénicas e sanitarias os animais.

Os animais que PURAGA ten no CREAG son revisados e tratados sempre que é preciso por parte do facultativo veterinario contratado para a levanza do convenio.

 

  1. Cesión gratuita dos animais, que ao longo da vixencia do convenio acaden o nivel de doma preciso, para o desenvolvemento de actividades deportivas e de hipoterapia.

 

Durante este ano cedéronse para o seu emprego en clubs hípicos os seguintes cabalos:

 

  • ESQUEIRO para Club Hípico Joaquin Oliveira.
  • TIMIDO DO MONTE DE SAN ROQUE para Club Hípico Joaquin Oliveira.
  • GODELLO para Club Hípico LA MURALLA.
  • NORAY para Club Hípico LA MURALLA.
  • LOURO para as instalacións do xinete Guillermo Araujo Campo.
  • MORENA FE para Club Hípico Finca Regueiral.
  • PISADOR para o Club Hípico Coles.

 

 

 

  1. Elaboración e difusión entre os criadores e o público en xeral de manuais de procedemento e de boas prácticas de hixiene adaptadas aos sistemas de cría da raza, nas distintas orientacións produtivas, para o manexo de acordo aos principios agroambientais e o respecto á normativa vixente.

Elaborouse un tríptico con recomendacións sobre  Cabalo PRG e benestar animal no transporte.

Dispoñible na web www.puraga.es.

  1. Elaboración de guías de adaptación das producións a certificados de calidade para facilitar a participación dos gandeiros na transformación dos produtos primarios e comercialización da produción.

Elaborouse un tríptico explicativo para adaptación das producións a certificacións de calidade, tendo en conta que unicamente existe unha marca colectiva referida á carne de poldro.

Elaborouse un pliego de condicións para o uso da marca “Potro Gallego”

Dispoñibles na web  www.puraga.es.

 

  1. ACTIVIDADES RELATIVAS Á PROMOCIÓN DA RAZA.

 

  1. Divulgación e valoración das posibilidades produtivas da raza, con campañas de sensibilización social e fomento do consumo da súa carne e dos seus produtos derivados.

 

Semana Verde de Silleda: stand de PURAGA para información e promoción do PRG. Organización do Concurso Morfoloxico de Femias e Machos PRG e dúas exhibición de andadura na pista exterior.

I Roteiro: “Observación dos cabalos na serra do Xistral”, percorrido guiado pola serra do Xistral e degustación de carne de poldro cociñada ou preparada de distintas maneiras.

https://www.youtube.com/watch?v=DhvmgE7pRUs

XXX Feira do Potro de Muras: participación nas degustacións dos bares da zona durante a promoción da feira durante dúas fines de semana anteriores á Feira. Participación na degustación de hamburguesas de carne de poldro durante o día da Feira.

Realización durante a XXX Feira do Potro de Muras do Concurso Morfolóxico de PRG de machos e femias cunha alta participación de cabalos e eguas e exhibición de andadura natural de dous exemplares de PRG.

Colaborouse na organización dunha degustación de carne de poldro na feira do San Martiño de Teo. Aportando a carne para a realización dun showcooking a cargo do Chef Daniel Donato.

*Uso dos roll-up con publicidade FEADER durante a degustación na feira de Teo:

 

 

  1. Continuación coa promoción do emprego de cabalos PRG para o seu uso en actividades deportivas a nivel galego en diversas modalidades, principalmente en “andadura galega”, enganche e salto infantil.

Participouse en varias feiras presentando o semental Bocelo (por exemplo nas feiras de Moeche e Semana Verde de Silleda) .

Exhibición de andadura dos cabalos de PRG na feira de Moeche onde participaron diferentes binomios todos eles cos seus exemplares marchadores de PRG.(Mora María, Tina, Bocelo I, Farruquito).

Exhibición de andadura na Semana Verde de Silleda, tanto de andadura natural ou en liberdade( Vento) como andadura montada (serrada e chapeada) coa participación dos exemplares PRG: Mulata, Bocelo I, Tina e Mora María. Levouse a cabo a organización dun concurso morfolóxico para eguas e cabalos PRG. Onde participaron un total de  11 eguas (Támoga, Leixa, Estela II, Celtia de Pardemarin, Shakira de Pardemarin, Perla, Tina, Mora María, Carolina, Mora VI e Anduriña) e 6 sementais (Caramuxo, Jalisco , Alecrín, Mouro do Couto e Moreno III).

Exhibición de andadura (Mora María e Tina) e salto de obstáculos (Muras do Souto) no Club Hípico Granxa do Souto durante a celebración do Concurso de Salto Nacional dunha estrela en Ponte Mera, Ortigueira.

Exhibición de andadura natural en liberdade na feira cabalar de Cangas de Foz. Coa participación dos exemplares de PRG  Vento, Moura e Chipirón.

Exhibición de andadura natural en liberdade na XXX Feira do Poldro de Muras cos exemplares PRG Vento e Moura.

Exhibición do semental Bocelo I na exposición das razas autóctonas no San Froilán, Lugo.

Participación na Ruta o Bigotes por parte de Bocelo I, o cal encontráse actualmente nas cuadras de Xabier B. Paz González, o cal colabora activamente na promoción da raza do PRG  e na mostra da andadura natural deste semental mediante a participación en ferias e rutas.

 

  1. Difusión dos resultados acadados entre os criadores e públicos xeral. A información xerada estará dispoñible nunha web específica na que se seguirán as normas de publicidade FEADER.

Os traballos realizados pódense encontrar no Facebook ou na páxina web de Puraga.



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR