Puraga | II Roteiro: “Observación de cabalos PRG na serra do Xistral”
6536
post-template-default,single,single-post,postid-6536,single-format-standard,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

II Roteiro: “Observación de cabalos PRG na serra do Xistral”

II Roteiro: “Observación de cabalos PRG na serra do Xistral”

O vindeiro sábado 19 de maio terá lugar a celebración do II Roteiro: ” Observación de cabalos PRG na serra do Xistral”.

Os participantes terán a oportunidade de achegarse os cabalos de Pura Raza Galega en semiliberdade, disfrutando da visita guiada pola serra do Xistral.

As 10.30 da mañá do sábado 19 de maio na praza do Viveiró, no Concello de Muras. Terá lugar a quedada e punto de partida deste marabilloso roteiro. Os participantes serán recollidos polo microbús para poder desprazarse pola zona, en todo momento unha guía irá explicando todo o relacionado coa fauna e flora da zona, o manexo do monte, as diferentes razas de gando equino que pódense ver na zona, o gando vacún autóctono ou a problemática do abandono do rural e a expansión da fauna salvaxe.

  

Visitaráse o emprazamento da Feira do Poldro de Muras, un idílico pinar onde cada ano celebrase esta tradicional feira a finais de septembro.

A continuación, os participantes ascenderán no autobús ao parque eólico do Leboreiro, onde se a climatoloxía o permite poderán gozar dunhas vistas privilexiadas.

Dende o mirador podese deixalo autobús para facer unha baixada a pé polas pistas que recorren a Serra do Xistral, sendo un momento perfecto para observar os cabalos e eguas de Pura Raza Galega no seu medio ambiente, vendo a relación dos diferentes grupos de animais, as súas interaccións dentro da manada e as relación sociais que establecen entre eles. Esta época do ano é a época de cría por excelencia polo que a maioría das nais xa terán o seu carón os poldros lactantes de este ano.

  

Para finalizar o roteiro volveráse ao punto inicial onde disfrutarase dunha comida-degustación a cargo do restaurante local “Picapán casa Vituco” ubicado na plaza da feira.

 

Recomendacións:

Calzado cómodo tipo de montaña. Ropa de abrigo ou cortaventos xa que no alto da Serra do Xistral pode ventear.

Ruta sinxela e para tódolos públicos.

 

**Para máis información e reservas: Concello de Muras 982 500 001 ou no WhatsApp 689 41 97 22.

**Prazas limitadas. 15€/persoa.

SONY DSCSONY DSCSONY DSCSONY DSCEnlaces de interés:

https://www.facebook.com/PURAGA.ES/

https://www.facebook.com/concellomuras/

 

Axenda

A nosa Feira do Poldro e do Gando do Monte