Puraga | ONDE OBSERVAR CABALOS BRAVOS
6449
post-template-default,single,single-post,postid-6449,single-format-standard,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_enabled, vertical_menu_left, vertical_menu_width_290,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,side_menu_slide_from_right,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

ONDE OBSERVAR CABALOS BRAVOS

roteiros baio crinas correndo

ONDE OBSERVAR CABALOS BRAVOS

ROTEIRO 1: SANTO TOME. O XISTRAL NEOLÍTICO Imaxes do Prado das Chantas

A 78 Km de Lugo, propoñemos un acceso oriental á Serra do Xistral, o Roteiro dos Penidos, nunha área de forte influencia neolítica, con varias pequenas mámoas nas proximidades, un dolmen na metade do roteiro e un círculo lítico que moitos arqueólogos consideran prehistórico. Todo isto dentro da matogueira atlántica, rodeados de cabalos bravos, e sobrevoados por voitres.

O ROTEIRO:

Partindo desde Ferreira do Valadouro, colleremos a estrada provincial LU-P- 0101, dirección Cadramón/Abadín, ata entrar na parroquia de Recaré (Sinalizado), poucos metros despois do Km 30. Chegamos ata o cruce onde xa está sinalizado o Curro de Santo Tomé, , xunto cos lugares do Escoural e o Pazo, seguindo as indicacións, collemos a man dereita, subimos unha costa e chegamos ao único cruce sen sinalizar, onde debemos xirar á esquerda, cara o lugar de Alvita, xa visible a uns cen metros, de novo en Alvite xiramos á esquerda, a partir de aquí xa atopamos sinalización do Roteiro dos Penidos, e mesmo as primeiras cruces do Viacrucis que nos acompañará ata igrexa de Santo Tomé de Recaré, do Século XIX, sempre sinalizado o curro e o roteiro.

Dependendo do que nos guste camiñar, deixaremos aquí o coche ou continuaremos a pé, a realidade, é que ata que non entremos na Comunidade de Montes de Xestaca e Grandavella, e prácticamente todo, costa arriba e eucaliptais máis ou menos ben coidados, xa dentro dos límites desta comunidade, e tendo coidado de pechar aquelas boqueiras que abramos (portelas para o gando) podemos deixar o coche ao carón do curro , ou ben á altura do camiño na que a paisaxe, e o desnivel, nos conviden a camiñar.

Desde o recinto do Curro, onde se organiza a Rapa cada ano, o emprego do solo para unha gandería extensiva compatible coa catalogación de Rede Natura 2000 é evidente, vacas, e sobre todo cabalos, pacen nunha liberdade controlada ao longo das máis de 250 Ha da comunidade. A apenas 100 metros, e xa sinalizado, atopamos o dolmen ou Arca do Chao d ePadorno (43 536227 – 7 486 926), datado entre 1 500 e 1 800 anos antes de Cristo, moi ben conservado aínda que rodeado de eucaliptos.

Continuamos camiñando, por unha pista de zahorra, costa arriba, unha vez no cumio do outeiro poderemos ver, en días claros, a Costa da Mariña Luguesa, xa cos Penidos á vista, a nosa man esquerda, no bico do coto, podemos adiviñar a silueta das primeiras pedras do Prado das Chantas, (43 530062 – 7 500 716),  para moitos un cromlech prehistórico, para outros un curro de épocas medievais. Podemos subir e decatarémonos de a explanada na que se situa, de aproximadamente 7 Ha, con vistas sobre o val, fai bastante crible que fose algún tipo de lugar de reunión sagrado, ou semellante.  Volveremos de novo a pista de zahorra e continuaremos por ela ata o pé dos penidos, aquí remata o roteiro, algúns máis valentes poden intentar subir aos penidos para contemplar todo o val.



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR