Puraga | INFORME DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO DENTRO DO CONVENIO DE PURAGA E A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
6618
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-6618,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

INFORME DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO DENTRO DO CONVENIO DE PURAGA E A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

INFORME DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO DENTRO DO CONVENIO DE PURAGA E A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

INFORME ANALÍTICO DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL  E A ASOCIACIÓN DE CRIADORES DE CABALO DE PURA RAZA GALEGA(PURAGA) PARA A CONSERVACIÓN, DESENVOLVEMENTO E UTILIZACIÓN SOSTIBLE DOS RECURSOS ZOOXENÉTICOS DA RAZA EQUINA CABALO DE PURA RAZA GALEGA E O FOMENTO E PROMOCIÓN DOS SEUS PRODUCTOS DERIVADOS , COFINANCIADO CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER), NO MARCO DO PDR DE GALICIA  2014_2020.

 

 

  1. Divulgación e valoración das posibilidades produtivas da raza, con campañas de sensibilización social e fomento do consumo da súa carne e dos seus produtos derivados, promoción do emprego de cabalos PRG para o seu uso en actividades deportivas a nivel galego en diversas modalidades, principalmente en “andadura galega”, enganche e salto infantil.

A publicidade FEADER estivo dispoñible nas actividades de información e comunicación que PURAGA desenvolveu ó longo do ano mediante a colocación de rolls-up nas feiras, degustacións de carne de poldro e exposicións:

  • Carteis nos bares e restaurantes colaboradores na promoción da degustación de carne de poldro As Quendas 2018 Mondoñedo.

 

  • Información e carteis na degustación de carne de poldro na celebración do entroido na CMVMC de Lucenza, Ourense.

Carteleria e roll-ups presentes nos diferentes eventos.

 

 

 

 

 

 

 

  • I Feira de Gando Autóctono de Ferreira do Valadouro: stand e realización dun Concurso Morfolóxico Oficial de PRG coas categorías de machos e femias.

Exposición de exemplares de PRG durante a I Feira de gando autóctono de Ferreira do Valadouro, e celebración do I Concurso morfolóxico de cabalos e eguas de Pura Raza Galega.

 

  • II Exhibición de andadura galega e salto de obstáculos no Club Hípico Granxa do Souto durante a celebración do XXXII Concurso de Salto Territorial celebrado en Ponte Mera, Ortigueira.

.

  • XXXI Feira do Potro de Muras: participación nas degustacións dos bares da zona durante a promoción da feira durante tres fines de semana anteriores á Feira e o propio da feira. Participación co “ pony club ou bautismo hípico” para os máis pequenos en colaboración co Club Hípico Granxa do Souto durante o día da Feira. Stand para información e atención da xente interesada. E realización do III Roteiro: “Observación dos cabalos na serra do Xistral”, percorrido guiado pola serra do Xistral e degustación de carne de poldro cociñada ou preparada de distintas maneiras durante a Feira do Poldro de Muras, realizáronse numerosas viaxes guiadas pola serra do Xistral para expoñer os visitantes a problemática do abandono do rural, a situación dos gandeiros e dos cabalos bravos fronte a súa cría en liberdade ou semiliberdade e a relación co lobo, o traballo esencial que fan os cabalos para evitar os incendios forestais, a importancia da conservación dos cabalos PRG en perigo de extinción, etc

 

  • Participación no Campeonato Galego Interclubes de Doma clásica con tres exemplares cedidos, con moi bos resultados nas probas onde competiron.

 

  • Participación de concursos de salto sociais e territoriais oficiais da Federación Hípica Galega de cabalos e eguas como Maruxa PRG, Guerreiro, Morena Fe, Daniel do Xistral ou Louro.

 

 

  • II Exhibición de andadura (Mora María e Tina) e salto de obstáculos (Daniel do Xistral) no Club Hípico Granxa do Souto durante a celebración do XXXII CST Granxa do Souto en Ponte Mera, Ortigueira.

 

  • XXXI Feira do Poldro de Muras celebración dun Concurso morfolóxico Oficial para eguas e cabalos PRG. Stand informativo e organización do pony club con cabalos PRG.

 

 

  1. RELATIVAS Á CONSERVACIÓN In Situ/Ex Situ:

 

  1. Continuar co desenvolvemento do proxecto de cría, “ex situ” co mantemento dunha grea de cabalos formada por polo menos seis exemplares (5 femias adultas e un garañón). Este proxecto poderá desenvolverse no Centro de Razas Equinas Autóctonas de Galicia, ou ben noutros espazos que a entidade considere axeitados.

 

CHISPA                                                      982009100096350

SENADORA DO RABO DO RAPOSO        724110000500793

 

Estes animais foron comprados con fondos deste convenio para aumentar a grea de eguas. Localizándose no CREAG, Centro de Razas Equinas de Galicia.

 

PICOTO                                             982009102328103

MOURO DO COUTO                           724110000500103

 

Estes animais foron comprados con fondos deste convenio, para aumentar a variabilidade xenética do banco de xermoplasma (Mouro do Couto) e para  continuar coa cesión de cabalos para os clubes hípicos e promocionar os cabalos PRG nas diferentes modalidades ecuestres.

Os seguintes exemplares foron destinados ao consume de carne de poldro para a realización de degustación de carne:

CASTAÑA                                                      724110000501010

NEGRA                                                           724110000501009

 

  1. Crear un Banco de Xermoplasma con material xenético da raza, tanto seme como embrións, que garanta a súa conservación.

Levouse a cabo a segunda campaña de extracción e conxelación de seme de cabalos de Pura Raza Galega, con 6 exemplares. Recolléronse  as  seguintes cantidades de palletas por cada semental:

Mouro do Couto                 149

Cordido                             195

Pombo                              136

León                                 293

Podargo                            297

Información dispoñible en www.puraga.es

O aumento de exemplares donantes do banco de xermoplasma é unha importante fonte de material xenético para a raza,  e máis cando falamos  de animais en perigo de extinción.

Os exemplares PRG que participaron no proxecto xenético do banco de xermoplasma pódense encontrar na páxina web da Asociación  www.puraga.es na pestaña “Banco de xermoplasma” , apartado “Fichas de cabalos”.

 

  1. RELATIVAS AO ESTUDO DA RAZA:

 

  1. Continuar coa selección de reprodutores na poboación do PRG para detectar exemplares portadores do xen DMRT3 vinculado co carácter “cabalo marchador” coa finalidade de crear greas selectas de cara a obtención de animais con estas características.

Contratouse a análise de 60 mostras de pelo para a selección de animais marchadores.

Dos 60 equinos analizados

– 5 deles deron A/A, homocigóticos recesivos.

– 10  presentaron heterocigósis para este xen.

– 45 foron homocigóticos dominantes C/C.

Levouse a cabo a análise de folículos pilosos para evaluar  a posibilidade de encontrar exemplares de PRG portadores do xen DMRT3, xa que se está a dar moita importancia a este xen debido a que é unha das salidas económicas de maior repercusión social que pode ter esta raza de cabalos. Mediante a cría de cabalos e eguas PRG portadores deste xen poder garantir unha liña de cabalos de pura raza galega marchadores naturais.

 

  1. RELATIVAS AO FOMENTO DO EMPREGO DA RAZA, Á MELLORA DAS EXPLOTACIÓNS E DAS SÚAS PRODUCIÓNS:

 

  1. Continuar co programa de selección e doma de poldros de cara a preparación de animais para a práctica do deporte en condicións reais de cara a súa cesión e utilización en actividades lúdicas, deportivas e de hipoterapia.

Continúase coa subcontratación da doma de potros coa Asocicación de cabalistas  “O Mundil” para a realización deste traballo.

Estiveron no centro para a súa testaxe os seguintes cabalos durante o 2018:

SANFINZ                                 98200912733279

BILL PONI                                724110000500506

PISADOR                                  724110000500547

ESTEIRO I                                724110000500548

POMBO                                    724110000500385

CORDIDO                                724110000500536

LEÓN                                       724110000500026

PODARGO                                724110000500510

MOURO DO COUTO                 724110000500103

 

En colaboración coa Asociación de cabalistas “O Mundil” lévase a cabo o desbrave e posta en man dos cabalos PRG.

Este feito permite unha posterior cesión dos cabalos nos diferentes centros ecuestres que soliciten este servicio que ofrece PURAGA para dar a coñecer a nosa raza no mundo ecuestre.  O contacto cos diferentes clubes facilita a exhibición dos cabalos nas distintas disciplinas ecuestres como salto de obstáculos, doma clásica, hipoterapia ou horseball, entre outras actividades diarias dos clubes.

 

  1. Achegar os coidados facultativos necesarios aos animais utilizados para levar a cabo as actuacións citadas nos parágrafos anteriores. Manter en axeitadas condicións de nutrición, hixiénicas e sanitarias os animais.

Os animais foron revisados e tratados sempre que foi preciso por parte do facultativo veterinario contratado para a levanza do convenio, e sempre que foi precisa a presenza dun veterinario clínico foi subcontratado puntualmente.

Para poder facilitar as tarefas de doma e desbrave de poldros e posterior cesión, realizóuse a castración dos seguintes cabalos:

MOURO DO COUTO                            724110000500103

CORDIDO                                 724110000500536

POMBO                                    724110000500385

LEÓN                                       724110000500026

PODARGO                                724110000500510

PISADOR                                   724110000500547

BILL PONY                                 724110000500506

ESTEIRO I                                 724110000500548

 

Estudio radiográfico por coxeira do cabalo GODELLO (724110000500270).

 

Limado e equilibrado dental: VENTO (724110000500636).

 

Compra dun camión herba seca para o mantemento dos cabalos de PURAGA no CFEA de Sergude.

 

 

  1. Ceder gratuitamente os animais, que ao longo da vixencia do convenio acaden o nivel de doma preciso, para o desenvolvemento de actividades deportivas e de hipoterapia.

 

Durante este ano cedéronse para o seu emprego en clubs hípicos os seguintes cabalos:

MOURO DO COUTO:724110000500103 para o Club Hípico Coles.

MORENA FE: 982009102364021 para Club Hípico Granxa do Souto.

DANIEL DO XISTRAL: 724110000500547 para Finca Abrigosa.

DANIEL DO XISTRAL: 724110000500547 para Club Hípico Granxa do Souto.

 

Estes exemplares foron cedidos aos diferentes clubes galegos onde desenrolan unha labor importante de promoción da raza. Deste xeito dase a coñecer o valor dos nosos cabalos e da nosa raza nas diferentes disciplinas ás que se adican estes cabalos. Moi ben  valorados polos profesores e directores dos clubes debido as súas características físico-psíquicas.

 

 

  1. RELATIVAS Á PROMOCIÓN DA RAZA.

Durante o ano levarónse a cabo diferentes portes de cabalos por toda Galicia, con esta finalidade contratouse un transporte profesional.

Transporte do animais para as distintas actividades realizadas:

  1. En relación ao deselvolvemento do proxecto de cría, “ex situ” co mantemento dunha grea de cabalos.

 

28.08.18: Transporte de Bocelo dende Rúa ata o Centro de Recursos Zooxenéticos, Pazo de Fontefiz.

23.10.18: Transporte de Picoto dende Neipín ata o CREAG.

25.10.18: Transporte de Senadora do Rabo do Raposo e Chispa dende Sta. María Maior ata o CREAG.

 

  1. En relación á creación dun banco de xermoplasma con material xenético da raza que garanta a súa conservación.

31.07.18: Transporte de Cordido, Mouro do Couto, León, Podargo e Pombo dende O           Mundil ata  Serveteq.

02.10.18: Transporte de Cordido e Pombo dende SERVETEQ ata o CREAG.

29.10.18: Transporte de Podargo dende  Serveteq ata O Mundil.

 

  1. En relación á continuación co programa de selección e doma de poldros de cara a preparación de animais para a práctica do deporte en condicións reais de cara a súa cesión e utiliación en actividades lúdicas, deportivas e de hipoterapia.

 

06.02.18: Porte de Daniel do Xistral dende CETECO ata Finca Abrigosa.

11.05.18: Transporte de Daniel do Xistra dende Finca Abrigosa ata Club Hípico Granxa do              Souto,Ortigueira.

20.06.18: Transporte de Godello dende Club Hípico la Muralla ata o Club Hípico de Coles.

26.06.18: Transporte de Godello dende o Club Hípico de Coles ata o CREAG.

08.08.18: Transporte de Morena Fe dende Club Hípico Finca Regueiral ata Club Hípico Granxa do Souto.

21.09.18: Transporte Mouro do Couto dende Serveteq ata Club Hípico de Coles.

27.09.18: Transporte de León dende Serveteq ata O Mundil.

 

 

 

 

  1. Difusión dos resultados acadados entre os criadores e públicos xeral. A información xerada estará dispoñible nunha web específica na que se seguirán as normas de publicidade FEADER.

Os traballos realizados pódense encontrar nas redes sociais de Facebook e Instagram ou na páxina web de Puraga.

O uso das redes sociais e medios dixitais son imprescindibles para a divulgación das actividades do cabalo PRG.

  1. Garantir que todos os animais participantes nas actividades recollidas neste convenio cumpren con todos os requisitos da raza e están no Libro Xenealóxico.

Todos os animais que participan nas actividades deste convenio están inscritos do Libro de Rexistro Xenealóxico do Cabalo de Pura Raza Galega  e teñen os seus documentos de raza.

 

 

 

Mediante a análise pormenorizada das diferentes actividades realizadas faise unha boa valoración en conxunto. A idea é seguir promocionando e divulgando a raza no vindeiro ano 2019 mediante a continuación das seguintes actividades:

-continuación do crecemento do banco de xermoplasma,

-continuación coa mellora xenética na búsqueda de animais portadores do xen DMRT3 e adquisición de cabalos portadores deste xen así como a súa cría e mellora xenética,

– participación en feiras e eventos relacionados co mundo do cabalo facendo publicidade do PRG e achegando esta raza ó maior público posible,

-realización de degustacións para a promoción dun aumento do consumo de carne de poldro en Galicia así como rutas que den a coñecer a importancia que estes cabalos teñen no medio rural onde fan un traballo de vital importancia nos nosos montes e ecosistemas galegos,

-continuación co programa de cesión de cabalos para fomentar o uso do cabalos PRG nas hípicas de toda Galicia, e achegar esta raza a todo o público e que poidan apreciar a multifuncionalidade da nosa raza,

-promoción e formación dos nosos gandeiros dandolles un apoio lexislativo, sanitario e de promoción dos seus productos,

-mantemento nas mellores condicións posibles dos nosos exemplares cubrindo as súas necesidades en todo momento,

-continuación coas exhibicións dos cabalos PRG tanto en eventos deportivos, culturais ou patrimoniais  para o fomento e divulgación da raza.

 

 

 

Fecha

11/03/2019

Categoría

Convenio 2014_2019, NOVAS