Puraga | XXXII FEIRA DO POLDRO DE MURAS
6831
post-template-default,single,single-post,postid-6831,single-format-standard,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

XXXII FEIRA DO POLDRO DE MURAS

XXXII FEIRA DO POLDRO DE MURAS

 

Durante o sábado 21 e o domingo 22 terá lugar, como cada ano, a Feira do Poldro de Muras.

Nesta XXXII edición da Feira, PURAGA organiza o sábado 21 a degustación gratuíta de hamburguesa e chourizo de poldro, na xornada previa ao propio día da Feira do Poldro e o gando de monte.

O domingo 22 de septembro:

Celebraranse,entre outros eventos ,o Concurso Morfolóxico Oficial de PRG  que comezará ás 12.30 coa categoría de femias e posteriormente a de sementais. Onde os mellores exemplares de cabalos e eguas PRG competirán polas mellores clasificaciones.

Haberá trofeos para os 3 exemplares con maior puntuación e escarapelas para os 3 seguintes das categorías de sementais e eguas. Haberá premios económicos para os 6 mellores clasificados.

A partir das 11.00h PURAGA propón un «ponyclub» co Club Hípico Granxa do Souto, onde os máis pequenos da casa poderán disfrutar dun paseo a lomos de cabalos PRG.

Durante todo día haberá múltiples actividades para toda a familia como exposicións de gando, exposicións de fotografía, mercadillo, degustación de hamburguesa gourmet de poldro, carpas con restaurantes para comer, carreiras de velocidade, etc.

Non esperes a que cho conten! Ven a disfrutar con NÓS!

Para máis información séguenos en facebook e instagram!

 

 

 



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR