Puraga | PRESENZA DE DOUS PRGs NO XXIII CTO. GALEGO DE PONYS DE DOMA CLÁSICA
7140
post-template-default,single,single-post,postid-7140,single-format-standard,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

PRESENZA DE DOUS PRGs NO XXIII CTO. GALEGO DE PONYS DE DOMA CLÁSICA

PRESENZA DE DOUS PRGs NO XXIII CTO. GALEGO DE PONYS DE DOMA CLÁSICA

 

Puede ser una imagen de de pie, caballo, pantalones y texto

📆“Os días 11 e 12 de xuño tivo lugar no Club Hípico de Lalín o XXIII campionato galego de doma clásica con ponis e a Copa Galicia.
O clube lalinense @ch_juanoliveira participou con 5 ponis entre os que destacaron os PURAGA Tímido do Monte de San Roque e Esqueiro, cedidos ao clube a través dun convenio entre a asociación Puraga @puraga_cabalos_prg e a Xunta de Galicia.
Nesta ocasión, “Tímido do Monte de San Roque” fixo unha saída a pista en campionato xunto ao xinete Martín Díaz, na que acadaron a segunda posición 🥈en categoría C.
Pola súa banda “Esqueiro ” saíu tres veces á pista coas amazonas Martina Granja, Sálvora Vilariño e Catalina Sánchez, todas en categoría B, acadando os postos octavo, décimo e décimo quinto respectivamente.
👏Tímido” fixo tamén unha saída pista na categoría C1 da Copa Galicia coa amazona Lara Pousa Mato, acadando a cuarta posición. 💪
Por outra banda, o Club Hípico Juan Oliveira seleccionou dous alumn@s para a participación no XXXII Campionato de España de Doma Clásica con Ponis, que se disputará os vindeiros días 20,21 e 22 de xuño de 2022, no Centro Ecuestre de Castela e León (Segovia). Os binomios seleccionados son Sálvora Vilariño López montando ao poni “Esqueiro”, na categoría ponis B (ponis entre 1,10 e 1,30 metros de alzada) e Martín Díaz Rodríguez montando ao poni “Tímido do Monte de San Roque”, na categoría ponis C (ponis entre 1,30 e 1,40 m de alzada).
Os dous participantes deberán competir os días 20, 21 e 22 de xuño, xunto aos restantes 36 participantes, realizando as reprises correspondentes ás categorías alevín e infantil, respectivamente.”
Encántanos recibir estas novas dos Pura Raza Galega! Moita sorte no próximo campionato! 🎉👏