CULTURA E TRADICIÓN CABALAR
A conservación do Cabalo de Pura Raza Galega non pode ser o mantemento dun conxunto de animais dun xeito artificial nun ambiente diferente ao que permitiu a súa supervivencia ata a actualidade. A conservación do Cabalo de Pura Raza Galega implica, ademais da conservación do seu sistema de cría tradicional, conservar todas as manifestacións culturais vinculadas a el, como son as diferentes rapas, curros e feiras nas que os cabalos son os principais protagonistas e así como tamén o vocabulario específico que enriquece o noso idioma.
Son moi numerosas as palabras, costumes e tradicións que se perderán ao desapareceren as greas de cabalos bravos de Galicia.