Puraga | “POTRO GALLEGO” AO ALBARIÑO CON FABIÑAS E COGOMELOS
6222
portfolio_page-template-default,single,single-portfolio_page,postid-6222,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

“POTRO GALLEGO” AO ALBARIÑO CON FABIÑAS E COGOMELOS

“POTRO GALLEGO” AO ALBARIÑO CON FABIÑAS E COGOMELOS

Ingredientes (Para 4 personas)

  • 800 gr de carne de poldro galego.
  • Vaso e medio de viño Albariño.
  • 1 cebola
  • Fariña de trigo
  • Dous dentes de allo
  • 300 gr de fabiñas verdes
  • 150 gr de touciño entrefebrado en tacos
  • 200 gr de cogomelos
  • Sal pementa
  • Aceite de oliva.

 

Preparación

  1. Cortar a carne de poldro galego en tacos e sal pementar.
  2. Rebozar os tacos de poldro na fariña.
  3. Poñer una tixola ao lume cun pouco de aceite de oliva.
  4. Dourar os tacos de poldro e a medida que se vaian facendo, ir poñendo nunha cazarola.
  5. Na mesma tixola engadir a cebola picada en cachos pequenos e os dentes de allo. Botar na tarteira.
  6. Poñer a tarteira a lume medio e engadir o albariño. Deixar cocer ata que a carne estea tenra. Engadir auga se fose preciso.
  7. Noutra tarteira botar un pouco de aceite de oliva e botar o touciño entrefebrado en anacos, e cando se empece a dourar, engadir os cogomelos picados e as fabiñas verdes.
  8. Deixar que se cociñe a lume medio durante uns 15 minutos.

 

Do libro Cociñando coas Razas Autóctonas, de Rocio Garrido Caramés.
Edita BOAGA. ISBN: 978-84-615-9259-3.

Fecha

23/02/2017

Categoría

Consellos e Receitas