EXHIBICIÓN CABALLOS PRG en Granxa do Souto. Sábado 07 de Xullo de 2018
O pasado sábado 7 de Xullo tivo lugar a “EXHIBICIÓN DE CABALOS PRG” a cargo de PURAGA nas intalacións do Club Hípico Granxa do Souto en Ponte Mera, Ortigueira.
PURAGA colaborou comité organizador Granxa Do Souto. Centro de Actividades Ecuestres o anfitrión do XXXII Concurso de Salto Territorial que se celebrou o sábado e tivo unha gran afluencia de público e participantes.
Dar as gracias tanto ós participantes na “EXHIBICIÓN DE CABALOS PRG” coma ó presidente da Asociación de criadores do cabalo de Pura Raza Galega, don Fco. Manuel Penadad Pita que estivo na exhibición e participou na entrega dos agasallos que se levaron os participantes: Felix Armada, Javier Armada e Victoria Setz.
Na exhibición de ANDADURA participaron Felix Armada e a súa egua negra PRG, Mora María, e Javier Armanda coa PRG castaña de nome Tina.
Temos que destacar e felicitar a estes irmáns pola fua egua PRG Tina xa que neste último ano foi premiada na Feira de Cedeira 2018 como campeona en “andadura de calidade” na modalidade de chapeada e finalizou como 2ª clasificada na Feira da Barquera 2018 na súa modalidade.
Na modalidade de SALTO DE OBSTÁCULOS a amazona canadiense Victoria Setz presentou o PRG Daniel do Xistral cunha serie de obstáculos de diferente dificultade, este cabalo pertence a Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega e actualmente está cedido nas instalacións do Club Hipico Granxa do Souto onde traballa como cabalo de escola e de rutas.
Unha vez máis queremos destacar a versatilidade destes cabalos PRG que son aptos tanto para adultos como para os máis pequenos, sendo utilizados nas diferentes modalidades hípicas e nos diferentes ámbitos da nosa cultura cabalar.