Puraga | FEIRA DOS REMEDIOS: DEGUSTACIÓN EN PONTEAREAS
6794
post-template-default,single,single-post,postid-6794,single-format-standard,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

FEIRA DOS REMEDIOS: DEGUSTACIÓN EN PONTEAREAS

FEIRA DOS REMEDIOS: DEGUSTACIÓN EN PONTEAREAS

O vindeiro sábado 7 de septembro ven a disfrutar con nós da Feira tradicional dos Remedios en Ponteareas.

Un lugar onde os artesáns e a nosa cultura galega tradicional teñen o seu debido protagonismo.

 

Con multitude  de actividades, como o  XXXII Festival Folclórico do Condado que terá lugar como primeira actividade do día.

A partir das  10.30h o Club hípico CHAR ofrecerá un “pony club” ou bautismo hípico para os máis pequenos con cabalos de Pura Raza Galega.

As 11.00h faremos no Parque da Feira Vella un monográfico dos cabalos PRG, onde coñeceremos as súas características morfolóxicas e coñeceremos as diferentes disciplinas hípicas onde se usan estes cabalos pola súa funcionalidade.

As 12.00h os alumnos e alumnas do Club Hípico CHAR, realizarán unha demostración de salto de obstáculos con cabalos PRG.

Para rematar coas nosas actividades, ás 13.00h PURAGA fará unha exhibición da andadura natural, tan tradicionalmente nosa e dos nosos cabalos.

Eso SI!! nos vos esquezades que tedes unha parada obrigada no noso foodtruck, que estará diante do Parque da Feira Vella coa degustación de hamburguesas e chourizos de poldro a partir das 11.30h.

Esperámosvos!