Puraga | ESTACHE BO!
7050
post-template-default,single,single-post,postid-7050,single-format-standard,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

ESTACHE BO!

ESTACHE BO!

Estache bo! claro que si!

E se non que llo digan a Xoanqui, mirade que receita preparou con carne de poldro 100% Raza Autóctona.

Pincha aquí para ver a receita

Receita:

POLDRO CON PATACAS EN ADOBO INGREDIENTES:

  • • 1 encontro de poldro
  • • Sal de Maldon
  • • 3 patacas
  • • 1/2 ducia de tomates cereixa
  • • 1/2 ducia de espárragos verdes

Para o adobo:

  • • 3 dentes de allo
  • • 1 culleriña de ourego
  • • 1 culleriña de comiño
  • • 1 culleriña de perexil fresco picado
  • • 1 culler de vinagre
  • • Sal gorda
  • • 1/2 cunca de auga
  • • Pementa

ELABORACIÓN: Fritimos as patacas en anacos grandes con tres dentes de allo. Cando estean as patacas case listas retirámolas e reservámolas. Nun machucador facemos o aliño co allo, o ourego, o comiño, o perexil, o vinagre, o sal e a auga. Aliñamos as patacas con este mollo. Nunha prancha moi quente marcamos o poldro por tódalas

súas caras. Salgamos. Empratamos as patacas co poldro xunto cunhas verduras marcadas na prancha. E listo para comer…!!!