INFORME ANALÍTICO DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ASOCIACIÓN DE CRIADORES DE CABALO DE PURA RAZA GALEGA(PURAGA) PARA A CONSERVACIÓN, DESENVOLVEMENTO E UTILIZACIÓN SOSTIBLE DOS RECURSOS ZOOXENÉTICOS DA RAZA EQUINA CABALO DE PURA RAZA GALEGA E O FOMENTO E PROMOCIÓN DOS SEUS PRODUCTOS DERIVADOS , COFINANCIADO CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER), NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014_2020.
A publicidade FEADER estivo dispoñible nas actividades de información e comunicación que PURAGA desenvolveu ó longo do ano mediante a colocación de rolls-up nas feiras, degustacións de carne de poldro e exposicións:
Carteleria e roll-ups presentes nos diferentes eventos.
Exposición de exemplares de PRG durante a I Feira de gando autóctono de Ferreira do Valadouro, e celebración do I Concurso morfolóxico de cabalos e eguas de Pura Raza Galega.
.
CHISPA 982009100096350
SENADORA DO RABO DO RAPOSO 724110000500793
Estes animais foron comprados con fondos deste convenio para aumentar a grea de eguas. Localizándose no CREAG, Centro de Razas Equinas de Galicia.
PICOTO 982009102328103
MOURO DO COUTO 724110000500103
Estes animais foron comprados con fondos deste convenio, para aumentar a variabilidade xenética do banco de xermoplasma (Mouro do Couto) e para continuar coa cesión de cabalos para os clubes hípicos e promocionar os cabalos PRG nas diferentes modalidades ecuestres.
Os seguintes exemplares foron destinados ao consume de carne de poldro para a realización de degustación de carne:
CASTAÑA 724110000501010
NEGRA 724110000501009
Levouse a cabo a segunda campaña de extracción e conxelación de seme de cabalos de Pura Raza Galega, con 6 exemplares. Recolléronse as seguintes cantidades de palletas por cada semental:
Mouro do Couto 149
Cordido 195
Pombo 136
León 293
Podargo 297
Información dispoñible en www.puraga.es
O aumento de exemplares donantes do banco de xermoplasma é unha importante fonte de material xenético para a raza, e máis cando falamos de animais en perigo de extinción.
Os exemplares PRG que participaron no proxecto xenético do banco de xermoplasma pódense encontrar na páxina web da Asociación www.puraga.es na pestaña “Banco de xermoplasma” , apartado “Fichas de cabalos”.
Contratouse a análise de 60 mostras de pelo para a selección de animais marchadores.
Dos 60 equinos analizados
– 5 deles deron A/A, homocigóticos recesivos.
– 10 presentaron heterocigósis para este xen.
– 45 foron homocigóticos dominantes C/C.
Levouse a cabo a análise de folículos pilosos para evaluar a posibilidade de encontrar exemplares de PRG portadores do xen DMRT3, xa que se está a dar moita importancia a este xen debido a que é unha das salidas económicas de maior repercusión social que pode ter esta raza de cabalos. Mediante a cría de cabalos e eguas PRG portadores deste xen poder garantir unha liña de cabalos de pura raza galega marchadores naturais.
Continúase coa subcontratación da doma de potros coa Asocicación de cabalistas “O Mundil” para a realización deste traballo.
Estiveron no centro para a súa testaxe os seguintes cabalos durante o 2018:
SANFINZ 98200912733279
BILL PONI 724110000500506
PISADOR 724110000500547
ESTEIRO I 724110000500548
POMBO 724110000500385
CORDIDO 724110000500536
LEÓN 724110000500026
PODARGO 724110000500510
MOURO DO COUTO 724110000500103
En colaboración coa Asociación de cabalistas “O Mundil” lévase a cabo o desbrave e posta en man dos cabalos PRG.
Este feito permite unha posterior cesión dos cabalos nos diferentes centros ecuestres que soliciten este servicio que ofrece PURAGA para dar a coñecer a nosa raza no mundo ecuestre. O contacto cos diferentes clubes facilita a exhibición dos cabalos nas distintas disciplinas ecuestres como salto de obstáculos, doma clásica, hipoterapia ou horseball, entre outras actividades diarias dos clubes.
Os animais foron revisados e tratados sempre que foi preciso por parte do facultativo veterinario contratado para a levanza do convenio, e sempre que foi precisa a presenza dun veterinario clínico foi subcontratado puntualmente.
Para poder facilitar as tarefas de doma e desbrave de poldros e posterior cesión, realizóuse a castración dos seguintes cabalos:
MOURO DO COUTO 724110000500103
CORDIDO 724110000500536
POMBO 724110000500385
LEÓN 724110000500026
PODARGO 724110000500510
PISADOR 724110000500547
BILL PONY 724110000500506
ESTEIRO I 724110000500548
Estudio radiográfico por coxeira do cabalo GODELLO (724110000500270).
Limado e equilibrado dental: VENTO (724110000500636).
Compra dun camión herba seca para o mantemento dos cabalos de PURAGA no CFEA de Sergude.
Durante este ano cedéronse para o seu emprego en clubs hípicos os seguintes cabalos:
MOURO DO COUTO:724110000500103 para o Club Hípico Coles.
MORENA FE: 982009102364021 para Club Hípico Granxa do Souto.
DANIEL DO XISTRAL: 724110000500547 para Finca Abrigosa.
DANIEL DO XISTRAL: 724110000500547 para Club Hípico Granxa do Souto.
Estes exemplares foron cedidos aos diferentes clubes galegos onde desenrolan unha labor importante de promoción da raza. Deste xeito dase a coñecer o valor dos nosos cabalos e da nosa raza nas diferentes disciplinas ás que se adican estes cabalos. Moi ben valorados polos profesores e directores dos clubes debido as súas características físico-psíquicas.
Durante o ano levarónse a cabo diferentes portes de cabalos por toda Galicia, con esta finalidade contratouse un transporte profesional.
Transporte do animais para as distintas actividades realizadas:
28.08.18: Transporte de Bocelo dende Rúa ata o Centro de Recursos Zooxenéticos, Pazo de Fontefiz.
23.10.18: Transporte de Picoto dende Neipín ata o CREAG.
25.10.18: Transporte de Senadora do Rabo do Raposo e Chispa dende Sta. María Maior ata o CREAG.
31.07.18: Transporte de Cordido, Mouro do Couto, León, Podargo e Pombo dende O Mundil ata Serveteq.
02.10.18: Transporte de Cordido e Pombo dende SERVETEQ ata o CREAG.
29.10.18: Transporte de Podargo dende Serveteq ata O Mundil.
06.02.18: Porte de Daniel do Xistral dende CETECO ata Finca Abrigosa.
11.05.18: Transporte de Daniel do Xistra dende Finca Abrigosa ata Club Hípico Granxa do Souto,Ortigueira.
20.06.18: Transporte de Godello dende Club Hípico la Muralla ata o Club Hípico de Coles.
26.06.18: Transporte de Godello dende o Club Hípico de Coles ata o CREAG.
08.08.18: Transporte de Morena Fe dende Club Hípico Finca Regueiral ata Club Hípico Granxa do Souto.
21.09.18: Transporte Mouro do Couto dende Serveteq ata Club Hípico de Coles.
27.09.18: Transporte de León dende Serveteq ata O Mundil.
Os traballos realizados pódense encontrar nas redes sociais de Facebook e Instagram ou na páxina web de Puraga.
O uso das redes sociais e medios dixitais son imprescindibles para a divulgación das actividades do cabalo PRG.
Todos os animais que participan nas actividades deste convenio están inscritos do Libro de Rexistro Xenealóxico do Cabalo de Pura Raza Galega e teñen os seus documentos de raza.
Mediante a análise pormenorizada das diferentes actividades realizadas faise unha boa valoración en conxunto. A idea é seguir promocionando e divulgando a raza no vindeiro ano 2019 mediante a continuación das seguintes actividades:
-continuación do crecemento do banco de xermoplasma,
-continuación coa mellora xenética na búsqueda de animais portadores do xen DMRT3 e adquisición de cabalos portadores deste xen así como a súa cría e mellora xenética,
– participación en feiras e eventos relacionados co mundo do cabalo facendo publicidade do PRG e achegando esta raza ó maior público posible,
-realización de degustacións para a promoción dun aumento do consumo de carne de poldro en Galicia así como rutas que den a coñecer a importancia que estes cabalos teñen no medio rural onde fan un traballo de vital importancia nos nosos montes e ecosistemas galegos,
-continuación co programa de cesión de cabalos para fomentar o uso do cabalos PRG nas hípicas de toda Galicia, e achegar esta raza a todo o público e que poidan apreciar a multifuncionalidade da nosa raza,
-promoción e formación dos nosos gandeiros dandolles un apoio lexislativo, sanitario e de promoción dos seus productos,
-mantemento nas mellores condicións posibles dos nosos exemplares cubrindo as súas necesidades en todo momento,
-continuación coas exhibicións dos cabalos PRG tanto en eventos deportivos, culturais ou patrimoniais para o fomento e divulgación da raza.
11/03/2019
Convenio 2014_2019, NOVAS