PURAGA PARTICIPA NA FEIRA DE GANDO DE CANGAS DE FOZ
Terceira exhibición de andadura que realiza PURAGA este ano, despois de Moeche e Silleda, esta volta na Feira de Gando de Cangas de Foz, con tres exemplares, Mora de Rua, filla de Morito, Panchito fillo do marchador vello de Luciano e Vento, fillo de Bocelo. Agradecer aos colaboradores ó seu traballo e a organición a sua invitación. Pouco a pouco iremos colocando a nosa raza e seleccionando os mellores exemplares. video da feira