LOURENZÁ: 1ª FEIRA DO CABALO GALEGO 10.10.2021
O pasado domingo 10 de outubro de 2021 celebrouse no Concello de Lourenzá a 1ª Feira do Cabalo Galego de Lourenzá.
Prema no enlace para ver o video da feira:
Video da I Feira do Cabalo Marchador Galego, Lourenzá
Durante o evento celebrouse, en horario de mañá, o Concurso Morfolóxico Oficial do Cabalo de Pura Raza Galega, coas categorías de Sementais, onde participaron 11 exemplares, na categoría de Eguas participaron outros 11 exemplares e na categoría de Poldros repetiron o mesmo número de participantes. Todo un éxito de asistencia, sobre todo na categoría de poldros debido o traballo de presentación que isto supón. NORABOA A TODOS POLA PARTICIPACIÓN!
Durante a tarde celebraronse as carreiras de andadura nas categorías de serrada e chapeada para cabalos “do país”. Temos que destacar a actuación do cabalo PRG Triskel de Xabier Paz, xa que obtiveron o primeiro posto na categoría de Andadura serrada.
Unha feira con moi bo ambiente onde os cabalos PRG e os cabalos do país foron os protagonistas. Evento patrocinado con Fondos FEADER, Xunta de Galicia e Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Deixámosvos o link para ver un video resumen do evento:
Video resumen da I Feira do Cabalo Galego, Lourenzá