Puraga | Puraga
Evolución das razas gandeiras, o cabalo en Galicia, árbol xenealóxico, cultura cabalar, banco de xermoplasma, carne de poldro e novas relacionadas co cabalo de pura raza galega
Cabalos pura raza galega
4
home,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-4,mkd-core-1.0.3,ajax_fade,page_not_loaded,,onyx child-child-ver-1.0.0,onyx-ver-1.8,vertical_menu_background_opacity_over_slider vertical_menu_background_opacity_over_slider_on, vertical_menu_background_opacity, vertical_menu_with_scroll,smooth_scroll,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12.1,vc_responsive

Cabalos de pura raza galega

Ao longo dos séculos XIX e XX, as eguas de pura raza galega consideráronse excelentes nais para cabalos de traballo, cruzándoas con razas foráneas das que recibían maior porte, velocidade ou masa muscular, e aos que aportaban rusticidade, resistencia, frugalidade e calidade de casco e articulacións. A falla de control nesta práctica supuxo a case desaparición da raza, preservándose naqueles lugares nos que se conservou un sistema de cría tradicional en liberdade único no mundo, do que se ten constancia continua desde os primeiros poboadores de Galicia.


Hoxe en día, aínda se poden observar greas destes animas pastando ceibes no entorno orixinal onde se creou a raza, nas matogueiras atlánticas da media montaña galega, onde os gandeiros e PURAGA manteñen con celo a súa pureza. Desde PURAGA, traballamos para a conservación destes magníficos animais, así como do seu sistema de cría tradicional, dentro de diferentes liñas de traballo; o fomento do consumo da súa carne e produtos derivados, a preparación de animais destinados á equitación, especialmente infantil, a selección e cría de exemplares marchadores, e a creación e mantemento dun banco de xermoplasma e embrións. Para realizacións destes proxectos PURAGA asinou un convenio coa Conselleria do Medio Rural dentro do marco do PDR de Galicia 2014-2020, cofinanciado con fondos FEADER.

VISITA A NOSA NOVA WEB

NOVAS

SUSO DE REMOURELLE

Banco de xermoplasma

CAPRICHO DE RÚA

Banco de xermoplasma
Fichas de cabalos

Últimas novas

  • POR QUÉ COMER CARNE DE POLDRO 100% RAZA AUTÓCTONA

    Xa sabes a cantidade de propiedades que ten a carne de poldro de cabalo de Pura Raza Galega  e aqui deixámoste un pequeno vídeo explicativo para que coñezas de primeira man o noso produto.   Prema aquí para saber un pouquiño máis sobre a carne de......

  • ACTIVIDADES DENTRO DO CONVENIO PARA O 2024

    ACTIVIDADES PROPOSTAS POR PURAGA PARA O ANO 2024 DENTRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN COA XUNTA DE GALICIA, MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACION E FONDO EUROPEO AGRICOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL:EUROPA INVISTE NO RURAL   Para continuar coas obrigas de PURAGA, propóñense os seguintes eventos e......